Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
VII Concurso María Balteira de Creacións Artísticas para a Prevención das Violencias Sexistas
A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, dependente da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, convoca un concurso coa finalidade de darlle difusión, publicidade e visibilidade ao protocolo ante situacións de acoso da UDC a través do deseño dun cartel, vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 02/10/2026
Requisitos:
Persoas integrantes da comunidade universitaria da UDC, isto é, PTXAS, PDI, alumnado dos distintos niveis (graos, mestrados, doutoramento, títulos non EEES) e persoal contratado.
As presentacións deben realizarse nos seguintes formatos:
Cartel: entregarase en formato JPG con 300 ppp.
Vídeo: terá unha duración máxima de 2 minutos. Admitiranse microvídeos realizados con dispositivos móbiles ou en plataformas dixitais creadas para tal fin (TikTok, Instagram ou similar) sempre que estean libres de publicidade e que conten cos permisos de reprodución e difusión pertinentes.
Podcast: terá unha duración mínima de 5 minutos e máxima de 10 minutos. Entregarase nun ficheiro en formato MP4.
Microrrelatos ou micropoemas: a extensión máxima será de 200 palabras. Entregaranse en formato PDF.
Remuneración / Dotación:
Modalidade de cartel:
Primeiro premio: 300 €
Segundo premio: 200 €
Para as restantes modalidades (vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema):
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible