Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

VIII Edición do Concurso Internacional de Microrrelatos

A Fundación César Egido Serrano creouse para propoñer que a palabra sexa a ferramenta de convivencia entre culturas e relixións e fronte a toda violencia e con esa premisa convoca a 8ª edición do seu Concurso Internacional de Microrrelatos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/01/2026

Requisitos:

  • Poderán participar todos aqueles escritores/as de calquera país do mundo maiores de 18 anos e aqueles de 16 anos tamén poderán, acompañando ao seu relato a debida autorización notarial dos seus pais e/ou titores legais.
  • Os orixinais, cuxa temática será libre, estarán escritos en calquera das seguintes linguas: español, inglés, árabe ou hebreo. Admitiranse 3 escritos como máximo por autor, calquera que sexan os seus idiomas.
  • Os relatos non poderán superar as 100 palabras, deberán ser inéditos, orixinais e de autoría propia. Non se admitirán textos xerados total ou parcialmente mediante o uso de ferramentas de intelixencia artificial.

Remuneración / Custo:

  • Premio absoluto de 20.000 € para o mellor relato, en calquera das linguas autorizadas no concurso.
  • 3 accésits de 2.000 € cada un para os mellores relatos de cada unha das outras linguas admitidas no concurso e non gañadoras do premio principal.

Páxina web:

www.fundacioncesaregidoserrano.com

Contacto:

Fundación César Egido Serrano

C/ Maldonado, 65. Esc. B, 1º Izqda (28006 - Madrid)

Tel.: 91 563 59 47

correo-e: info@fundacioncesaregido.com

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión