Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

X Premio de Artes Plásticas AOVE Supremo

Aceite Supremo convoca a décima edición do seu tradicional Premio de Artes Plásticas AOVE Supremo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/06/2026

Requisitos:

  • Pódese participar de forma gratuíta con ámbito nacional. Sen límite de idade nin formación. Residentes e nados en España poderán presentarse a esta convocatoria.
  • Non se admitirá máis dunha obra por persoa, nin aquela que obtivese galardón noutro certame ou concurso.
  • O tema, técnica e tendencia artística serán libres, pero valorarase positivamente que a temática da obra estea relacionada co mundo do aceite e o oliveiral.
  • As obras non terán limitación nas súas dimensións. Non se admitirán obras protexidas con cristal e deberán estar correctamente enmarcadas para poder ser expostas.
  • Establécense seis gañadores, asociados a cada unha das variedades que conforman a liña de AOVE Supremo. Destes seis gañadores, elixirase un único gañador, que obterá o 1º Premio.

Remuneración / Custo:

Establécense os seguintes premios:

  • 1º Premio: Dotado con 700€ e Diploma acreditativo
  • 2º, 3º, 4º, 5º e 6º Premio: Diploma acreditativo + Agasallo da Botella de Aceite coa etiqueta correspondente

Páxina web:

https://aceitesupremo.com/pages/arte

Contacto:

ACEITE SUPREMO S.L.

C/ Villatorres, 33 (Comercial Xaén). 23009 Xaén

Telf.: 607 426 247

correo-e: info@aceitesupremo.com

Documentos:

Bases completas (PDF) (661 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión