Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XI Concurso de subtitulación de vídeos TED ao galego | #traduceTED2026

Cos obxectivos de estimular a presenza do galego na comunicación e a divulgación científicas e de fomentar a existencia de recursos divulgativos audiovisuais neste idioma, a Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL), convoca o XI Concurso de subtitulación de vídeos TED ao galego.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 28/09/2026

Requisitos:

  • Poderá presentarse ao concurso calquera persoa, tendo en conta que deberá escoller entre as dúas modalidades de participación:
    • Modalidade A) Dirixida a alumnado, PDI, PI ou PTXAS da USC durante o ano 2026.
    • Modalidade B) Dirixida a persoas alleas á USC que teñan 18 ou máis anos o día de remate do prazo de inscrición.
  • As persoas interesadas en participar deberán subtitular ao galego un ou máis vídeos TED de divulgación científica, seguindo as instrucións que se lles fornecerán despois de inscribírense como participantes.

Remuneración / Custo:

  • a) Modalidade A (3 premios)
    • 1º premio: 300 euros
    • 2º premio: 250 euros
    • 3ºpremio: 200 euros
  • b) Modalidade B (2 premios)
    • 1º premio: 300 euros
    • 2º premio: 250 euros

Páxina web:

www.usc.gal

Contacto:

USC. Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio

Pazo de Montenegro. Praza Pío XII, 3. 27001- Lugo

e-correo: vr.cultura@usc.gal

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión