Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XIV Certame de Ilustración de Contos, Lendas e Tradicións Sorianas para Nenos «Fray Conrado Muiños»

Co fin de introducir aos nenos na cultura tradicional da nosa provincia, fomentar as artes plásticas entre os escritores e ilustradores, a través da ilustración e potenciar a presenza da provincia de Soria entre o devandito colectivo, usando a cultura como elemento de vinculación, a Deputación Provincial de Soria, a través do seu Departamento de Cultura e Mocidade convoca o XIV Certame de Ilustración de Contos, Lendas Tradicións Sorianas para Nenos «Fray Conrado Muiños» para a realización dunha publicación ilustrada baseada en contos, tradicións ou lendas sorianas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 25/09/2026

Requisitos:

  • Poderán optar ao certame os escritores e ilustradores, a título persoal ou colectivo, que se atopen nalgunha das seguintes categorías: PRIMEIRA CATEGORÍA para idades comprendidas entre os 15 e 30 anos, e SEGUNDA CATEGORÍA para maiores de 30 anos, no momento da convocatoria.
  • As obras presentadas ao certame deberán atender ao concepto de Álbum Ilustrado, é dicir, un libro onde a historia estea contada a través das imaxes e dos textos, complementándose ambos. Terase en conta tanto a calidade das ilustracións como o rigor literario e antropolóxico dos textos, así como a súa adecuación ao público infantil. Non se poderá utilizar a I.A para a elaboración do traballo presentado a concurso.

Remuneración / Dotación:

O certame concederá dous premios, un por cada categoría, cunha dotación económica de 2.000 euros para cada un.

Páxina web:

www.dipsoria.es

Contacto:

Departamento de Cultura e Mocidade - Deputación Provincial de Soria

R/ Caballeros nº 17. 42002- Soria

tel: 975 101 000

Documentos:

Basees completas (pdf) (287 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión