Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
XIX Concurso "Quero Cantar" de música infantil e xuvenil
Coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña convoca o IX Premio“Quero Cantar” de música infantil e xuvenil do ano 2026.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 25/03/2026
ata as 14.00 h.
Requisitos:
Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen difundidas publicamente antes, por ningún tipo de soporte nin canle.
Establécense as seguintes categorías:
Categoría A. Infantil.
- Idade: ata 12 anos
- Nº máximo de compoñentes : 12
- Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, participe unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista, e sempre que o grupo sexa de máis de 2 membros.
Categoría B. Xuvenil.
- Idade: de 13 a 16 anos
- Nº máximo de compoñentes: 12
- Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, permítese a participación de persoas por debaixo da idade inferior, sempre que este número non chegue ao 50% de membros totais do grupo.
A autoría da letra e a música da canción debe ser da persoa solista ou dos membros do grupo que a presenten.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).
Remuneración / Dotación:
1º Premio:
a) Categoría Infantil:
Gravación da maqueta en estudio profesional.
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...), servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500 €.
b) Categoría Xuvenil:
Gravación da maqueta en estudio profesional.
Participación no programa formativo que se explica no anexo das Bases
Gravación dun videoclip, ben da canción presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo.
Material musical (instrumentos, equipamento...), servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500 €.
2º Premio (en ambas as categorías):
Gravación da maqueta en estudio profesional
Material musical (instrumentos, equipamento...), servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1000 €.
3º Premio (en ambas as categorías):
Gravación da maqueta en estudio profesional
Material musical (instrumentos, equipamento...), servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500 €.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible