Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 31/07/2026
Requisitos:
A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega
As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 120.000 caracteres con espazos incluídos nin superior a 270.000 caracteres con espazos incluídos. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.
Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal e unha sétima copia en pendrive no que se incluirá a obra en formato PDF. Enviaranse, facendo constar no sobre Premio Narrativa Breve Repsol, á seguinte dirección: Complexo industrial Repsol A Coruña - Edificio de Oficinas - Departamento de Comunicación - Bens s/n 15008 A Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible