Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XXXV Concurso de fotografía deportiva 2026

A Fundación Municipal de Deportes del Ayuntamiento de Valladolid convoca o XXXV Concurso de fotografía deportiva 2026, unha iniciativa que fomenta a creatividade e a arte fotográfico en torno ao mundo do deporte. Aberto á participación de todas as persoas maiores de 16 anos que acepten as bases da convocatoria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/10/2026

Requisitos:

  • Máximo 3 fotografías, en branco e negro ou en cor, realizadas con cámara analóxica ou dixital.
  • Non se admitirán imaxes que non reflictan claramente a actividade deportiva nin aquelas que promovan a violencia ou contradigan os valores asociados ao deporte.
  • As fotografías deberán entregarse impresas sobre soporte ríxido e montadas en cartón pluma dun centímetro de grosor.
  • Tamaño mínimo de 20x25 centímetros.
  • As obras poderán presentarse presencialmente ou por correo postal na sede da Fundación Municipal de Deportes, situada no Polideportivo Huerta del Rey (C/ Joaquín Velasco Martín, n.º 9, 47014 Valladolid).
  • Os/as participantes deberán enviar por correo electrónico a solicitude de inscrición e as imaxes en formato dixital.

Contacto:

Ayuntamiento de Valladolid

Plaza Mayor, 1, 47001 Valladolid, España

Teléfono: 983 426 100

Documentos:

Convocatoria (860 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión