Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XXXVII Certame "Novos Investigadores" de Introdución á Investigación Científica

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca o XXXVII Certame Novos Investigadores, un concurso dirixido a estudantes matriculados en centros docentes de Ensino SecundariaObligatoria, Bacharelato e Formación Profesional durante o curso 2025-2026 e que ten como obxectivo promover e incentivar a investigación en ensinos de etapas previas á universidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/06/2026

Requisitos:

  • Poderán tomar parte neste Certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de tres novos, de nacionalidade española ou con residencia legal en España, que cumprisen 15 anos antes do 31 de decembro de 2025 e que non cumprisen 21 anos a 30 de setembro de 2026.
  • Os participantes, tanto se son alumnos dun centro docente coma se son membros dunha asociación xuvenil, deberán estar matriculados no curso 2025-2026 centros docentes de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato ou Formación Profesional situados no territorio nacional.
  • Tanto os equipos, como os participantes a título individual, deberán ser coordinados por un profesor ou titor do centro ao que pertenzan ou, en caso de asociacións, por algunha persoa que exerza funcións de animación ou dirección nas mesmas. No caso de grupos formados por alumnos de dous centros, deberá presentar a solicitude un titor dun dos centros, que exercerá os labores de coordinador.
  • Cada titor-coordinador poderá presentar un máximo de tres traballos a través da sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e deberá xustificar a súa participación nos mesmos.
  • Os traballos estarán relacionados con calquera das áreas do currículo da ESO, o Bacharelato ou a FP que sexan, deberán ser orixinais e inéditos e deberán adscribirse a unha destas cinco áreas de coñecemento:
    • - "Artes e Humanidades"
    • - "Ciencias Sociais e Xurídicas"
    • - "Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas"
    • - "Ciencias da Terra e da Vida"
    • - "Tecnoloxía e Enxeñería"
  • Non poderán participar quen fose premiados en edicións anteriores do certame.

Remuneración / Dotación:

a) Premios en metálico:

  • 1 premio especial "Mozos Investigadores" dotado con 5.000 €
  • 7 primeiros premios, de 4.000 € cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
  • 10 segundos premios, de 3.000 € euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
  • 10 terceiros premios, de 2.000 € euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
  • 11 accésits, de 1.000 € cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
  • 8 premios aos titores, de 2.000 € cada un, para os traballos galardoados cos primeiros premios e o premio especial

b) Mencións de honra (a titores/as, centros docentes ou asociacións)

c) Participación en certames e congresos científicos internacionais: os autores de ata un máximo de 3 dos traballos presentados ao certame poderán ser propostos para participar no Certame Europeo de Mozos Investigadores (EUCYS), cos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención cubertos.

Páxina web:

www.ciencia.gob.es

Contacto:

Certámen Novos Investigadores

correo-e: estudiantes@ciencia.gob.es - divisionprogramasin@injuve.es

Publicación:

BOE 20/05/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 906485

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión