5 resultados

Ata o 05/10/2026
Co obxectivo de fomentar o coñecemento histórico e actual do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, así como a promoción e difusión dos valores asociados a eles nas súas diferentes facianas, cumprindo deste xeito cos fins da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC, a Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación resolve convocar o IX Premio a Traballos Fin de Grado e Traballos Fin de Máster sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións 2026

Ata o 02/10/2026
A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC convoca o XIV Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño. O obxecto é incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, e contribuír a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia.

Ata o 15/10/2026
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a 5ª edición do concurso Petiscos de ciencia de vídeos de divulgación científica.

Ata o 30/09/2026
Convócase a IX Edición dos Premios "Rafael Crecente" a ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia, polo Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe).

Ata o 18/09/2026
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a novena edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, unha iniciativa destinada a fomentar a investigación e a produción de pensamento arredor da arte contemporánea mediante a elaboración de traballos inéditos escritos orixinalmente en lingua galega.
resultados 5
Dende o 19/09/2026 ata o 26/09/2026
08/09/2026
Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026
na EASD Pablo Picasso.
07/09/2026
os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible