21 resultados

Ata o 06/08/2026
Estes premios teñen como obxectivo incentivar e recoñecer o rendemento académico e a excelencia entre os estudantes universitarios que concluísen os estudos en centros universitarios españois. Nesta convocatoria procédese a convocar as edicións de Premios Nacionais de Fin de Carreira correspondentes á finalización de estudos nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025.

Ata o 16/08/2026
A rede EUSTORY pon en marcha a 19ª edición do concurso de historia para persoas novas EUSTORY, que este ano leva por tema “A miña familia na historia”. EUSTORY é un concurso europeo de historia dirixido a estudantes de secundaria e bacharelato, cuxo obxectivo é promover unha "nova forma de aprender" historia, a través da investigación e a reflexión sobre a contorna local dos participantes.

O prazo de presentación de traballos académicos de curso de grao remata o 31 de xullo de 2026.
O prazo de presentación de traballos de fin de grao e de fin de mestrado remata o 30 de setembro de 2026.
A Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio a través do Servizo de Normalización Lingüística, co fin de promover o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado, resolve convocar os “XXII Premios á calidade lingüística en galego dos traballos académicos, traballos de fin de grao e traballos de fin de máster” do curso 2025-2026.

Ata o 31/07/2026
O Concello de Pedrola convoca a primeira edición do Certame de Pintura Contemporánea de Pedrola RENDERIZA, que nace co obxectivo de fomentar, apoiar e difundir a creación artística contemporánea.

Ata o 16/08/2026
ás 23:59 h.
Gadis Supermercados convoca de novo o seu Concurso de Microrrelatos co obxectivo de publicar un libro cos microrrelatos seleccionados entre todos os presentados, dos cales escollerán tres relatos gañadores.

Ata o 31/07/2026
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol.

Ata o 28/08/2026
O Espazo Xuvenil O Remanso convoca este concurso no que o tema será "Astronomía, o eclipse solar total na cidade da Coruña".

ata o 02/08/2026
Ás 23:59 h.
O Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca a VI Edición do Certame Literario “Pinto e Maragota” para visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

Ata o 05/09/2026
O Concello de Arteixo, a través da súa Concellería de Turismo convoca o Concurso Fotográfico #LugaresDeEncontro, co obxecto de que as fotografías gañadoras se recollan no Calendario do ano 2027 do Concello.

Ata o 31/07/2026
A Asociación Española de Enfermaría de Saúde Mental (AEESME) coa súa cátedra Francisco Ventosa – UAH, convoca un concurso para a creación dun cartel publicitario para a celebración do Día Internacional da Enfermaría de Saúde Mental, a celebrarse o próximo 1 de setembro.
resultados 21
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible