Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

A Escola da Bici, cursos setembro 2026

A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

até esgotar prazas.

Prezo:

  • Iniciación e habilidades:24€/curso
  • Mecánica: 8€/curso

Requisitos:

  • - Para poder participar tes que cubrir o formulario en liña na web de Mobi-liza, e reservarás a túa praza.
  • - Se tes 13 anos ou máis, xa te podes anotar nos grupos de persoas adultas.
  • - No caso das persoas adultas, teñen bicicletas e cascos para emprestarvos durante a realización do curso.
  • - No caso das crianzas, a talla da bici varía moito en función da idade, estatura... polo que non poden garantir que teñan unha bicicleta axeitada. Polo que en principio, deberás levar a túa. No caso de que non che sexa posíbel ponte en contacto coa Escola e buscarán unha solución. Non se devolverá o pago por este motivo.

Páxina web:

amobiliza.wordpress.com/escola-da-bici

Contacto:

Mobi-liza. A Escola da Bici

Avenida Labañou, 10. 15011 A Coruña

e-correo: aescoladabici@gmail.com

whatsapp.com/channelMobi-liza. A Escola da Bici

PROGRAMACIÓN SETEMBRO

  • Curso iniciación para a infancia. Venres 4 de 19:00-21:00h, sábado 5 e domingo 6 de 12:00-14:00h.
  • Curso de habilidades para a infancia. Venres 4 de 17:00-19:00h, sábado 5 e domingo 6 de 10:0012:00h.
  • Curso de iniciación para persoas adultas. Mércores 23, venres 25 e luns 28  de 19:00-21:00h.
  • Curso de habilidades para persoas adultas. Xoves 3, luns 7 e mércores 9 de 19:00-21:00H.
  • Curso de mecánica básica. Mércores 2 de 19:00-21:00h.

ESTRUTURA DOS CURSOS

Os cursos da Escola da Bici terán a seguinte estrutura tanto para os grupos de infancia como para os grupos de persoas adulta:

Nivel 1 - Iniciación:

  • Duración: 3 sesións de 2 horas cada unha.
  • A quen vai dirixido?: Se nunca montaches en bicicleta e queres aprender dende cero.
  • Custo: 24€.

Nivel 2 - Habilidades:

  • Duración: 3 sesións de 2 horas cada unha.
  • A quen vai dirixido?: Se sabes montar pero precisas mellorar certas habilidades (mirar cara atrás, soltar unha man...) e gañar confianza.
  • Custo: 24€.

Mecánica básica:

  • Duración: 1 sesión de 2 horas.
  • A quen vai dirixido?: Se queres coñecer e reparar a túa bici. Cada curso centrarase nunha temática.
  • Custo: 8€.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión