Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades Asociación Veciñal Oza–Gaiteira–Os Castros curso 2026/2027

Aberto o prazo de preinscrición nas actividades do curso 2026/2027. A entidade anima á veciñanza a participar nunha programación que combina saúde, formación, cultura e lecer entre os meses de outubro e xuño.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

ata o 31/07/2026

Páxina web:

Actividades Asociación Veciñal Oza–Gaiteira–Os Castros

Organiza:

Contacto:

Avenida do Exército, 52, 1º · 15006 A Coruña

Tel.: 981 298 122

E-correo: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

Iniciou o prazo de preinscrición para as actividades do curso 2026-2027, máis de quince iniciativas dirixidas á infancia, mocidade, persoas adultas e maiores, co obxectivo de promover a participación veciñal, o benestar e a dinamización social do barrio.

Inclúe actividades de saúde e exercicio físico, como ioga, pilates, zumba ou adestramento funcional; propostas culturais e artísticas como teatro, guitarra, violín e acordeón, pandeireta e manualidades; accións formativas como italiano, lingua de signos e apoio escolar; ademais do taller de memoria e os bailes de salón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión