O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de marzo, elaborada arredor da colección do museo e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.
Para público en xeral
Dende o 01/03/2026 ata o 31/03/2026
gratis
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña
Tel.: 689 578 727
Correo electrónico: reservascor@muncyt.es
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Día Internacional da Muller, que empezou a conmemorarse pola ONU en 1975, atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre xéneros.
TALLERES INFANTÍS
Os sábados, co taller "Acidificación dos océanos" actividades orientadas a concienciar sobre os problemas que xera a absorción de CO2 por parte dos océanos. E os domingos, co taller "Tecnoloxía polo clima", actividades relacionadas coa redución do consumo enerxético ou alternativas na xeración de enerxía, cun enfoque sustentable e biomimético. Sábados e domingos ás 11.15 h. Público infantil (6-12 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.
CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES
Visita ás pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os 100 obxectos da Sala S. XX. Na visita familiar, percorreredes a colección do museo seguindo o fío temático de diversas mulleres científicas e inventoras, incluíndo no percorrido un xogo de pistas e unha actividade participativa sobre meteoroloxía e clima, entre outros temas. Sábados e domingos ás 12.30 ou 17.00 h, segundo o horario de apertura. Publico xeral e familiar (idade recomendada, a partir de 6 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.
XINCANAS FAMILIARES
Xogos de pistas sobre mulleres na historia e temáticas que levarán as persoas participantes a coñecer as novas exposicións temporais do museo. Sábados ás 13.15 e 18.00 h, domingos ás 13.15 h. Público infantil (6-12 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.
DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL
Cada 23 de marzo conmemórase a entrada en vigor, en 1950, do Convenio polo que se estableceu a Organización Meteorolóxica Mundial. O tema de 2026 é "Observar hoxe, protexer o mañá", para destacar o cambio climático como unha ameaza real e innegable para toda a nosa civilización. Os seus efectos xa son visibles e serán catastróficos se non actuamos agora.
EXPOSICIÓN TEMPORAL "OS INSTRUMENTOS DE HUMBOLDT"
En xuño de 1799, Humboldt partía do porto da Coruña a bordo da fragata Pizarro para emprender a súa grande exploración de América. Con el levaba unha colección de 42 dos instrumentos de medida máis modernos e precisos da época. Con este fito como punto de arranque, a exposición profunda nunha das facetas máis descoñecidas -e paradoxalmente máis decisivas- de Humboldt. Popularizado como naturalista e ecólogo, xeralmente pásase por alto a súa fascinación coa tecnoloxía punta e a súa obsesión coa metroloxía. Estaba convencido de que só efectuando unha medición sistemática e precisa da maior cantidade posible de fenómenos e variables chegaría a inferir as leis e relacións que rexen a natureza. Como así foi.
EXPOSICIÓN TEMPORAL "EN DEFENSA DA ANTÁRTIDA"
A exposición busca difundir o labor científico que España desenvolve na Antártida de forma ininterrompida desde a primeira Campaña Antártica Española (1987-1988). O percorrido pon en valor as características destas campañas e os programas de investigación, técnica e innovación apoiados polo Ministerio de Defensa, ademais de mostrar o modelo de cooperación entre institucións coordinado polo Comité Polar Español, adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A mostra ofrece un itinerario visual e didáctico sobre os aspectos xeográficos, biolóxicos, ambientais e históricos do continente, destacando tamén o papel das Forzas Armadas. O seu contido preséntase mediante paneis e unha recreación con materiais utilizados nas campañas.
Ata o 26/03/2026
ás 12:00h.
Dende o 05/03/2026
ata esgotar as prazas.
Ata o 10/03/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible