Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril, elaborada arredor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/04/2026 ata o 30/04/2026

Horario:

  • Martes a venres: das 10.00 ás 17.00 h
  • Sábados: das 11.00 ás 19.00 h
  • Domingos e festivos: das 11.00 ás 15.00 h

Prezo:

gratis

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

Correo electrónico: reservascor@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

Documentos:

Axenda abril (pdf) (427 KB)

TALLER E TORNEO DE GO: ESTRATEXIA MILENARIA NO MUSEO

O MUNCYT acolle un taller de presentación do xogo do Go, a súa historia e curiosidades, e o primeiro torneo oficial de Go de Galicia, un xogo de taboleiro con 4.000 anos de historia que aínda supón un reto intelectual fascinante. De orixe chinesa e moi popular en Asia, con regras extremadamente sinxelas ofrece combinacións, estratexias e tácticas case infinitas. As actividades coinciden cun fito na historia da IA: AlphaGo, IA adestrada mediante redes neuronais e aprendizaxe por reforzo, derrotou por primeira vez a un campión mundial de Go hai unha década. SÁBADO 18 (TALLER). SÁBADO 25 E DOMINGO 26 (TORNEO).

XORNADA SOBRE AS VIOLENCIAS MACHISTAS DIXITAIS

O rexurdimento do discurso de odio contra as mulleres e o conservadurismo relacional, así como o uso violento das novas tecnoloxías, é unha realidade que se intensifica no mundo dixital e deixa a súa pegada no mundo real. Nesta xornada, a Deputación da Coruña reunirá a profesionais, investigadoras/es e expertos/as para compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas. Unha oportunidade para compartir os desafíos actuais, crear unha rede de contactos e impulsar cambios reais nun contexto que require perspectivas diversas, rigorosas e comprometidas. XOVES 23, DAS 9.30-19.00 H. Público xeral. Reserva previa en https://defronte.gal/.

CHARLA CORBI CON ANA BELÉN CRUJEIRAS

Doutora en Bioloxía pola Universidade de Navarra, lidera o grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición no CHUS-IDIS e é membro de CIBEROBN. A súa investigación céntrase en como a alimentación e o estado nutricional inflúen na saúde a través de mecanismos epixenéticos, con especial interese na obesidade, as súas comorbilidades e o cancro de mama. Entre outras actividades, é profesora no programa de Doutoramento de Endocrinoloxía na Universidadde Santiago de Compostela e do Máster de Nutrición da Universidade de Vigo. MÉRCORES 29 ÁS 19.30 H. Público xeral, entrada libre ata completar a capacidade.

PROXECTO DIDÁCTICO "A PROXECCIÓN SONORA V"

Baixo o título "Aqua Matrix", o proxecto inclusivo dirixido a persoas con diversidade funcional culminará nunha instalación que combinará unha serie de esculturas e obxectos sonoros relacionados coa auga, acompañados de pezas de videoarte. Durante os talleres, as persoas participantes traballarán con técnicas de creación plástica, narración oral, teatro, danza ou experimentación con ferramentas dixitais para crear pezas sonoras e audiovisuais. SÁBADOS ÁS 11.15 H. Público xeral (consultar os requisitos de participación). Reserva previa.

EXPOSICIÓN TEMPORAL "OS INSTRUMENTOS DE HUMBOLDT"

En xuño de 1799, Humboldt partía do porto da Coruña a bordo da fragata Pizarro para emprender a súa grande exploración de América. Con el levaba unha colección de 42 dos instrumentos de medida máis modernos e precisos da época. Con este fito como punto de arranque, a exposición profunda nunha das facetas máis descoñecidas -e paradoxalmente máis decisivas- de Humboldt. Popularizado como naturalista e ecólogo, xeralmente pásase por alto a súa fascinación coa tecnoloxía punta e a súa obsesión coa metroloxía. Estaba convencido de que só efectuando unha medición sistemática e precisa da maior cantidade posible de fenómenos e variables chegaría a inferir as leis e relacións que rexen a natureza. Como así foi.

EXPOSICIÓN TEMPORAL "EN DEFENSA DA ANTÁRTIDA"

A exposición busca difundir o labor científico que España desenvolve na Antártida de forma ininterrompida desde a primeira Campaña Antártica Española (1987-1988). O percorrido pon en valor as características destas campañas e os programas de investigación, técnica e innovación apoiados polo Ministerio de Defensa, ademais de mostrar o modelo de cooperación entre institucións coordinado polo Comité Polar Español, adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A mostra ofrece un itinerario visual e didáctico sobre os aspectos xeográficos, biolóxicos, ambientais e históricos do continente, e destacan tamén o papel das Forzas Armadas. O seu contido preséntase mediante paneis e unha recreación con materiais utilizados nas campañas.

PROGRAMACIÓN EXTRAORDINARIA DA SEMANA SANTA

O museo ofrecerá entre o 31 de marzo e o 5 de abril, un programa de actividades dirixidas ao público infantil e familiar que permitan achegarse ao patrimonio científico e tecnolóxico do museo e á exposición temporal "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para unha nova visión da natureza".

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión