Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axentes para a prevención das violencias machistas

O Curso "Axentes para a prevención das violencias machistas" de Fundación Atenea, financiado pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, capacita na detección e prevención das violencias de xénero nos contextos de socialización xuvenil (espazos de lecer, centros de estudos, redes sociais, grupos de iguais…).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/01/2026 ata o 10/02/2026

Inscricións:

Dende o 15/12/2025 ata o 29/12/2025

Prezo:

gratis.

Requisitos:

Criterios de selección

  • - Mozos de 18 a 35 anos de idade:
    • . Que realizan voluntariado ou traballan en entidades non lucrativas (asociacións xuvenís, veciñais, culturais, deportivas, outras.).
    • . Con interese en ser axentes activos polo bo trato e contra as violencias machistas.
  • - Lugar de residencia. Representación territorial do maior número de Comunidade e Cidades Autónomas posibles.
  • - Orde de solicitude.

Páxina web:

campus.fundacionatenea.org

Contacto:

Fundación Atenea

e-correo: ateneaformacion@fundacionatenea.org

Tamén ofrece estratexias no desenvolvemento de accións dirixidas á sensibilización e prevención da violencia de xénero en todas as súas manifestacións.

100% en liña.

Contidos

  • Bloque 1: Teoría de xénero e socialización diferencial.
  • Bloque 2: ¿Que é a violencia de xénero?
  • Bloque 3: Contextos e manifestacións da violencia de xénero en adolescencia e mocidade.
  • Bloque 4: Prevención da violencia de xénero. Claves para a acción.
  • Bloque 5: Boas prácticas en materia de prevención e sensibilización.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión