Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Curso de condución segura de motos

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta, en colaboración con Motovial, organiza a segunda edición deste curso gratuíto de condución segura de motocicletas, dirixido a motoristas co obxectivo de mellorar as súas habilidades ao guiador, fomentar unha condución máis segura e responsable e contribuír a reducir o risco de accidentes na estrada.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os cursos terán lugar o 12, 19, 26 e 27 de setembro.

Inscricións:

Desde o 10 de agosto ás 09.00 h no seguinte formulario

Horario:

  • - Quenda de mañá: de 08.30 h a 13.30 h
  • - Quenda de tarde: de 15.00 h a 20.00 h

Duración:

5 h

Número de prazas:

20 alumnos/as por grupo

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Ser maior de 18 anos.
  • Dispor do permiso de condución de motocicleta correspondente.
  • No caso do permiso B, contar coa antigüidade mínima esixida.
  • Levar unha motocicleta en bo estado e en condicións legais de uso.
  • Dispor de seguro obrigatorio e da ITV en vigor, cando corresponda.
  • Levar casco homologado, luvas, botas e roupa de protección adecuada.

Páxina web:

https://www.motovial.gal

Contacto:

Motovial

Rolda de Outeiro 97, 1º D

Tel.: 981 679 847 / 616 333 990

correo@motovial.gal

SEDES E DATAS

Vilalba - 12 de setembro

  • Opción 1: quenda de mañá de 08.30 h a 13.30 h
  • Opción 2: quenda de tarde de 15.00 h a 20.00 h

Vilaboa - 19 de setembro

  • Opción 3: quenda de mañá de 08.30 h a 13.30 h
  • Opción 4: quenda de tarde de 15.00 h a 20.00 h

Curtis - 26 de setembro

  • Opción 5: quenda de mañá de 08.30 h a 13.30 h
  • Opción 6: quenda de tarde de 15.00 h a 20.00 h

Curtis - 27 de setembro

  • Opción 7: quenda de mañá de 08.30 h a 13.30 h
  • Opción 8: quenda de tarde de 15.00 h a 20.00 h

NORMAS DE INSCRICIÓN

  • É obrigatorio indicar as catro opcións de curso, por orde de preferencia.
  • As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, segundo as preferencias indicadas e ata completar as prazas e a listaxe de reserva.
  • Quen participase en edicións anteriores non poderán volver inscribirse.
  • Se unha persoa obtén praza e finalmente non pode asistir, deberá comunicar a súa renuncia con antelación para que poida ocupala alguén da listaxe de reserva.
  • A non asistencia sen previo aviso poderá supoñer a exclusión de futuras convocatorias do programa.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión