Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta, en colaboración con Motovial, organiza a segunda edición deste curso gratuíto de condución segura de motocicletas, dirixido a motoristas co obxectivo de mellorar as súas habilidades ao guiador, fomentar unha condución máis segura e responsable e contribuír a reducir o risco de accidentes na estrada.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Os cursos terán lugar o 12, 19, 26 e 27 de setembro.
Inscricións:
Desde o 10 de agosto ás 09.00 h no seguinte formulario
Horario:
- Quenda de mañá: de 08.30 h a 13.30 h
- Quenda de tarde: de 15.00 h a 20.00 h
Duración:
5 h
Número de prazas:
20 alumnos/as por grupo
Prezo:
Gratuíto
Requisitos:
Ser maior de 18 anos.
Dispor do permiso de condución de motocicleta correspondente.
No caso do permiso B, contar coa antigüidade mínima esixida.
Levar unha motocicleta en bo estado e en condicións legais de uso.
Dispor de seguro obrigatorio e da ITV en vigor, cando corresponda.
Levar casco homologado, luvas, botas e roupa de protección adecuada.
É obrigatorio indicar as catro opcións de curso, por orde de preferencia.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, segundo as preferencias indicadas e ata completar as prazas e a listaxe de reserva.
Quen participase en edicións anteriores non poderán volver inscribirse.
Se unha persoa obtén praza e finalmente non pode asistir, deberá comunicar a súa renuncia con antelación para que poida ocupala alguén da listaxe de reserva.
A non asistencia sen previo aviso poderá supoñer a exclusión de futuras convocatorias do programa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible