Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 04/01/2027

As solicitudes para cada edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da súa realización 

Prezo:

Gratuíto

Unha vez superado o curso, para obter a habilitación haberá que aboar a correspondente taxa administrativa.

Requisitos:

  • Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen.
  • Ser maior de idade.
  • Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
  • Carecer de antecedentes penais.
  • Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.

Páxina web:

https://agasp.xunta.gal

Contacto:

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avenida da Cultura, s/n (36680 - A Estrada, Pontevedra)

correo-e: seleccion.agasp@xunta.gal

Tel.: 886 20 61 16 - 886 20 61 09

Publicación: DOG 29/12/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR471A

TEMARIO

  1. Aspectos básicos da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas.
  2. Aspectos básicos da normativa de xogo.
  3. Dereitos e deberes das persoas espectadoras e usuarias. Dereitos fundamentais.
  4. Dereito de admisión.
  5. Medidas de seguridade nos establecementos abertos ao público e normativa de autoprotección.
  6. Normativa sobre horarios dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
  7. Réxime xurídico das persoas menores de idade. 
  8. Aspectos básicos da normativa en materia de igualdade.
  9. Conceptos básicos de primeiros auxilios.
  10. Protocolo en situacións de perigo.
  11. Técnicas básicas de autocontrol en situacións de extrema necesidade.

O temario estará dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na seguinte ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/informacion-espectaculos-publicos (apartado «Información para o persoal controlador de acceso»)

SOLICITUDES: o prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o día 4 de xaneiro de 2027, pero as solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso, segundo o CALENDARIO das edicións do curso para o ano 2026:

  • martes 27 de xaneiro
  • martes 24 de febreiro
  • sábado 14 de marzo
  • mércores 15 de abril
  • martes 19 de maio
  • mércores 17 de xuño
  • martes 21 de xullo
  • mércores 30 de setembro
  • sábado 24 de outubro
  • martes 17 de novembro
  • martes 15 de decembro

Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a AGASP programará a súa realización e publicará na súa web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición e as persoas interesadas recibirán un correo-e e un sms, en que se indicará toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).

LUGAR: desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada, Pontevedra) e o horario das clases será das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 17.30 h.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión