Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2026.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 04/01/2027
As solicitudes para cada edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da súa realización
Prezo:
Gratuíto
Unha vez superado o curso, para obter a habilitación haberá que aboar a correspondente taxa administrativa.
Requisitos:
Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen.
Ser maior de idade.
Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
Carecer de antecedentes penais.
Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.
SOLICITUDES: o prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o día 4 de xaneiro de 2027, pero as solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso, segundo o CALENDARIO das edicións do cursopara o ano 2026:
martes 27 de xaneiro
martes 24 de febreiro
sábado 14 de marzo
mércores 15 de abril
martes 19 de maio
mércores 17 de xuño
martes 21 de xullo
mércores 30 de setembro
sábado 24 de outubro
martes 17 de novembro
martes 15 de decembro
Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a AGASP programará a súa realización e publicará na súa web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición e as persoas interesadas recibirán un correo-e e un sms, en que se indicará toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).
LUGAR: desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada, Pontevedra) e o horario das clases será das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 17.30 h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible