Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca cursos de linguaxe administrativa galega en liña e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 29/06/2026 ata o 10/07/2026

Cursos do segundo cuadrimestre: do 2 ao 13 de novembro de 2026.

Prezo:

Gratuítos.

Requisitos:

  • Cursos de linguaxe administrativa: 
    • Poderán solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos no suposto de prazas non cubertas por empregadas/os públicas/os.
    • Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria,
    • Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes.
    • As persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos: Ordenador con conexión á internet, navegador web, conta de correo electrónico especificada na solicitude, e micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz. 
  • Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga: poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.
  • As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega/alumnos/index.php

Páxina web:

www.lingua.gal

Contacto:

Secretaría Xeral da Lingua

Rúa San Roque, n.º 2 - Santiago de Compostela 

Teléfono: 881 996 302

Publicación: DOG 23/06/2026

Cursos de linguaxe administrativa galega:

  • Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o día 28 de setembro de 2026 e rematarán o 29 de novembro de 2026.
  • Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 18 de xaneiro de 2027 e rematarán o 4 de abril de 2027.

Cursos preparatorios Celga: Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e maio.

Na Coruña: EOI da Coruña. Rúa da Educación, 1. 15011 A Coruña. Teléfono: 981 18 58 50. Correo electrónico: eoi.corunha@edu.xunta.gal

  • Nivel Celga 4: de setembro a decembro 2026. Horario: de 11.30 ás 13.30 horas os martes e xoves.
  • Nivel Celga 4: de xaneiro a maio 2027. Horario: de 11.30 ás 13.30 horas os martes e xoves.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión