Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Cursos de prevención de riscos laborais nivel básico
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convocan un curso en materia de prevención de riscos laborais na modalidade de teleformación.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 15/09/2026 ata o 13/11/2026
Inscricións:
Dende o 17/08/2026 ata o 27/08/2026
Prezo:
Gratuíto.
Requisitos:
Poderán participar nesta actividade formativa: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
As persoas interesadas deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos: un ordenador con conexión á internet e un navegador web actualizado.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática
Para poder superar a actividade de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:
A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso.
A superación da proba de avaliación que se realizará de xeito telemático a través da aula virtual o 13 de novembro ás 10.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible