Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

CURSOS TALENTO NOVO (Garantía Xuvenil)- Cámara de Comercio da Coruña

Programa gratuíto que busca asegurar que as persoas novas de entre 16 e 29 anos inscritas en Garantía Xuvenil, reciban educación continuada ou formación tras quedar desempregadas ou finalizar a súa formación académica.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Persoas novas de entre 16 e 29 anos inscritas en Garantía Xuvenil.

Páxina web:

https://www.camaracoruna.com

Organiza:

Cámara de Comercio da Coruña

Contacto:

Cámara de Comercio A Coruña

Tel.: 981 216 072 / 981 918 135

formacion@camaracoruna.com

Instagram: @talentojovencoruna

Os cursos conteñen primeiro unha formación troncal (empleabilidad) e a continuación unha formación específica, de acordo á orientación e formación de cada mozo. Para poder realizar a formación específica é obrigatorio realizar previamente a formación troncal.

            Inglés Intermedio/Avanzado

            • Este curso axudarache a mellorar o teu nivel de inglés de forma práctica, dinámica e enfocada a situacións reais. Clases presenciais.
            • Ademais, terás a posibilidade de obter unha certificación oficial, o que achegará maior valor ao teu currículo e axudarache a destacar en procesos de selección.
            • Do 27 de maio ao 29 de xullo. 180 horas. A Coruña. Presencial.

            Axente para a dinamización da Intelixencia Artificial na Empresa

            • Descobre como aplicar a Intelixencia Artificial en contornas reais de traballo e adquire competencias dixitais cada vez máis demandadas polas empresas. Neste curso aprenderás a utilizar ferramentas de IA xenerativa para crear contidos, optimizar tarefas e mellorar procesos de forma práctica e profesional.
            • Ademais, traballarás o uso responsable da IA, a creación de prompts e diferentes aplicacións orientadas á innovación e a transformación dixital nas organizacións.
            • Do 25 de maio ao 30 de xuño. 60 horas. Aula Virtual

            Panadería e Repostería

            • Aprenderás a elaborar desde pans tradicionais, masas artesanais, receitas de toda a vida e sobremesas. Certificado oficial de manipulación de alimentos incluído no curso.
            • Do 21 de maio ao 23 de xuño. 180 horas. A Coruña. Presencial.

            Persoal Administrativo

            • Asistente á Dirección da Empresa Deseñado para desempeñar funcións crave dentro da xestión empresarial, desenvolvendo habilidades en comunicación, atención ao cliente, xestión administrativa, tesourería e procesos de compravenda, xunto cunha base en contabilidade, fiscalidade e xestión laboral.
            • Ademais, a través dun simulador empresarial e contidos sobre startups, poderás aplicar de forma práctica o aprendido e comprender o funcionamento real dunha empresa.
            • Do 20 de maio ao 22 de xuño. 120 horas. Presencial

            Inscrición

            Formulario

            Non perdas

            Non perdas

            Que che parece esta sección?

            -101-101-101

            Síguenos en

            Tes un navegador demasiado antigo!

            Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

            Iniciar sesión