Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Hubs de Activación da Empregabilidade

Programa gratuíto de orientación laboral para axudar a persoas en desemprego a reactivar a súa procura de traballo con novas técnicas, acordes ao novo mercado laboral, para o que contan co asesoramento de persoal técnico especializado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Agosto 2026 - Xaneiro 2027.

Inscricións:

Ata o 17/08/2026

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

  • Maiores de idade en situación de desemprego con calquera nivel de estudos (ESO, Formación Profesional, Bacharelato, Universidade, Mestrado etc.) e proceder de calquera sector profesional, con ou sen experiencia previa.

Páxina web:

https://hubsempleabilidad.com/

Contacto:

Hubs de Activación da Empregabilidade

Teléfono: 621 152 991

mgarcia@santamarialareal.org

Estas Lanzadeiras de Emprego están formadas por grupos heteroxéneos de persoas en desemprego (+18 anos) que teñen un obxectivo común: actualizar e enfocar a súa procura de traballo para lograr o emprego que buscan.

Teñen un formato semipresencial, con sesións presenciais e en liña en horario de mañá, ao longo de cinco meses e medio.

Os seus participantes reciben recursos prácticos para mellorar a súa procura de emprego, actualizar as súas competencias dixitais e adaptarse aos postos emerxentes.

Programas:

  • Activa
    • Poden participar persoas en desemprego, maiores de 18 anos, de calquera sector profesional ou nivel educativo, que residan na Coruña.
  • Despega
    • Diríxese a persoas en situación de especial vulnerabilidade. Reciben unha atención especializada para a súa inserción no mercado laboral e a súa inclusión social. (A Coruña)

Formacións técnicas en sectores con alta demanda: xestión administrativa e ferramentas aplicadas á xestión; atención ao cliente, comercio e reposición; xestión e loxística de almacén, así como o carné de carretilla; e limpeza profesional e prevención de riscos (PRL).

Actividades complementarias

  • Ademais das tres actividades principais dos HUBS, desenvólvense webinars en aberto a cargo de especialistas nas tendencias do mercado laboral actual. Diríxense tanto a participantes como ao público en xeral do territorio onde se implementa o proxecto e que queiran mellorar a súa empregabilidade. Profesionais do terceiro sector tamén recibirán formacións en intervención social con colectivos vulnerables, co fin de que descubran novas ferramentas e se convertan en axentes do cambio.

Centro: Centro de Orientación e Emprendemento - COE, Rúa Rafael Alberti 4. Baixo

Inscrición

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión