A Universidade de Santiago de Compostela mantén aberto até o día 30 de xuño o prazo para o envío de resumos á segunda edición do Congreso Ibérico de Mocidade Investigadora Campus Terra. O congreso está dirixido á mocidade investigadora: estudantes de grao e mestrado, estudantes predoutorais e novo persoal investigador, interesados en compartir os seus resultados de investigación e poñerse en contacto con especialistas doutras areas. O evento diríxese á mocidade da Universidade de Santiago de Compostela pero tamén á doutras universidades, centros de investigacións e institucións.
Para público en xeral
Dende o 21/10/2026 ata o 23/10/2026
Ata o 30/06/2026
USC | Secretaría Técnica I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra: Raíces do Coñecemento
Edificio de apoio á investigación (CACTUS). Campus de Lugo, s/n. 27002- Lugo
tel: 982 822 427 / 982 822 854
e-correo: congreso.mocidadect@usc.gal
O principal obxectivo deste Congreso é crear un ambiente de encontro entre a mocidade investigadora ibérica, presentando as súas investigacións e no que poidan xurdir diversas colaboracións.
En paralelo, o congreso convértese tamén nunha xuntanza de iniciación, divulgación e formación para os aspirantes, xa sexa de grao ou de máster, cara o inicio ou consolidación dunha carreira investigadora. As informacións e as experiencias compartidas son chave para aquelas persoas que elixen o camiño da investigación tras o remate dos seus estudos universitarios.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría EPSE. Rúa Benigno Ledo, 2. 27002- Lugo.
Dende o 15/06/2026 ata o 06/07/2026
para alumnado de novo acceso
Ata o 22/06/2026
Ata o 19/06/2026
por vía electrónica ou nos centros docentes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible