Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

InnovArt'26

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organiza "InnovArt'26: artísticas, deportivas e idiomas", que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/02/2026 ata o 12/02/2026

Horario:

  • mércores 11: de 10 a 14 e de 16 a 19 h.
  • xoves 12: de 10 a 14 h.

Prezo:

Acceso libre e gratuíto

*no caso de grupos de centros educativos, deberá efectuarse solicitude de asistencia a través dos enlaces facilitados por correo-e aos centros educativos

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fp/innovart

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificios administrativos, San Caetano s/n. 15781- Santiago de Compostela

tel.: 981 546 555

correo-e: sereap@edu.xunta.gal

- contacto para inscricións de asistencia (InnovArt): 981 569 194

- contacto para reserva de obradoiros: 881 996 506 - asesoria.ere@edu.xunta.gal

Este evento é unha oportunidade para coñecer de primeira man as ensinanzas de réxime especial que se ofrecen en Galicia, xa que se contará con material expositivo e actividades interactivas das ensinanzas de artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, arte dramática, música, danza, ensinanzas deportivas e de idiomas.

As persoas asistentes poderán participar en:

  • Mostra e exhibición das distintas ensinanzas.
  • Obradoiros de artes plásticas e deseño.
  • Traballos de conservación e restauración de bens culturais.
  • Actividades didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas.
  • Actividades deportivas.
  • Espazos escénicos con actuacións en directo.

LUGAR: Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, andares -1 e 0 (Monte Gaiás, s/n. 15707 - Santiago de Compostela)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión