A Fundación María José Jove (FMJJ) e COGAMI organizan por cuarto ano consecutivo a xornada de sensibilización “Aprendendo a Incluír”, unha iniciativa que nesta edición estará centrada no acceso ao emprego das persoas con discapacidade.
Para público en xeral
15/04/2026
Ata o 15/04/2026
É necesaria inscrición previa.
De 18:00 a 19:30 h
De balde
Fundación María José Jove
R/ Galileo Galilei nº 6. Edificio Work Center A Grela. 15008 - A Coruña
Tel: 981 160 265
E-correo: info@fundacionmariajosejove.org
A xornada estruturarase en dúas sesións diferenciadas: unha sesión matinal, dirixida ao alumnado do CPR Agarimo e do CEE Nosa Señora do Rosario; e unha sesión de tarde aberta ao público, con entrada gratuíta e que require de inscrición previa.
Durante a sesión da mañá, os asistentes poderán escoitar a Lara Mariño Neira, do Servizo especializado na inclusión de persoas con discapacidade na empresa ordinaria de COGAMI. Tamén intervirán Andrea Castromil e María Ucidea, da Fundación Amador de Castro; alumnado do CEE Nosa Señora do Rosario e Pedro Gende, exalumno do CPR Agarimo, quen compartirá a súa experiencia persoal no acceso ao emprego.
Pola tarde, de 18:00 a 19:30 horas, a xornada estará aberta ao público en xeral e contará coa participación de distintas entidades que traballan no ámbito da inserción laboral. Entre elas, a Fundación Adecco, a través de Rafael Sancho, que presentará o programa "Plan Familia: inserción laboral de persoas con discapacidade"; e Down Coruña, coa presenza de María José España, que abordará a metodoloxía de Emprego "con Apoio". Intervirá tamén Jacinto Hermida López, usuario do Servizo de Emprego de COGAMI, quen compartirá a súa experiencia en primeira persoa.
Dende o 07/04/2026 ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
Dende o 25/03/2026 ata o 09/04/2026
Ata as 13:00 h.
Dende o 08/04/2026 ata o 22/04/2026
ás 12:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible