Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Kbuñs 2026: 44 Encontros Internacionais de Mocidade de Cabueñes

Presentado o programa dos 44 Encontros de Mocidade de Kbuñs que terá lugar en Xixón do 9 ao 12 de outubro, organizados polo Concello de Xixón, o INJUVE, o Principado de Asturias e os Consellos de Mocidade de España, Asturias e Xixón.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/10/2026 ata o 12/10/2026

Inscricións:

Laboratorios Xuvenís: ata o 13/09/2026

Talleres interactivos e Foro de profesionais: ata o 02/08/2026

Prezo:

  • Mozos de 18 a 30 anos que precisen aloxamento: 25 €
  • Mozos de 18 a 30 anos sen aloxamento: 6 €
  • Profesionais de mocidade con aloxamento: 40 €
  • Profesionais de mocidade sen aloxamento: 10 €

A cota de inscrición inclúe: a actividade, a espicha de benvida do venres 09 de outubro, e a pausa-café e comida dos días 10 e 11 de outubro.

No caso de inscricións con aloxamento, ademais de todo o anterior: aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo en habitación dobre compartida.

Consultar cotas nesta ligazón.

Requisitos:

  • Mozos de 16 a 30 anos, de Xixón, Asturias e doutras Comunidades Autónomas ou países
  • Profesionais de Mocidade maiores de 18 anos: informadores/as xuvenís, técnicos/as de mocidade e outros profesionais que traballan con mozos, tanto na administración pública como en asociacións, fundacións etc
  • Plataforma de inscrición.

Páxina web:

www.gijon.es

Contacto:

Oficina de Mocidade do Concello de Xixón/Xixón

Tel.: 985 181 105

correo-e: oij@gijon.es

Facebook: https://www.facebook.com/kbunsgijon

Instagram: @kbunsgijon

YouTube: https://www.youtube.com/user/encuentroscabuenes

Documentos:

Folleto Kbuñs 2026 (857 KB)

Os Encontros divídense en:

Laboratorios xuvenís

Tres laboratorios simultáneos por onde irán pasando todas as persoas participantes. Falaremos sobre democracia e participación, acceso á vivenda, cultura e transformación social, con especial atención aos dereitos da mocidade en cada un destes ámbitos.

L1. Mozos: xermolo da cultura, con Asociación Garaje.

L2. A vivenda é un dereito humano, con Amnistía Internacional

L3. Participación, futuro e realidade xuvenil, co Consello da Mocidade de España.

Programa completo desta actividade.

Talleres interactivos

Actividade para mozas que contan cunha traxectoria asociativa e participativa máis ampla. Consta de dous talleres simultáneos onde os/as participantes irán rotando.

T1. Mocidade, vivenda e transformación social. Impartido por Fundación Hàbitat 3.

T2. Deseñado de narrativas eficaces desde a escritura á produción. Impartido polo equipo da Oficina de Axitación Cultural.

Programa completo desta actividade.

Foro de profesionais de mocidade

Formato en plenario, polas mañás, con conferencias, mesas redondas, diálogos, presentación de experiencias...E, polas tardes, realizaranse tres talleres simultáneos.

F1. Inocular cultura: multiplicar dereitos, con Asociación Garaxe.

F2. Ten solución o problema da vivenda en España?, con Alejandro Inurrieta.

F3. Taller 3: ParticiPasión xuvenil en tempos revoltos, con Antonio Moreno Mejías.

Programa completo desta actividade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión