Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

"Mozos para Mozos: Educando en Dereitos Humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible" - Helsinqui España

A través de formación práctica, actividades nas aulas e voluntariado xuvenil, os e as participantes aprenden sobre os seus propios dereitos e obrigas, fomentando o seu desenvolvemento como membros responsables dunha sociedade global, inclusiva, pacífica e plural.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Requisitos:

  • O proxecto está dirixido a estudantes de grao universitario ou FP, máster ou doutoramento entre 18 e 30 anos.

Páxina web:

https://helsinkiespana.org/

Contacto:

Helsinqui España - Dimensión Humana

Rúa de Sta. Cruz de Marcenado, 11, 2ºA 28015 Madrid (España)

Tel.: +34 915 33 54 55

helsinkiespana@helsinkiespana.org

Consta de dúas fases:

  1. Fase de formación intensiva gratuíta por parte dun equipo experto, incluídos docentes da súa universidade, do 13 ao 16 de outubro de 16.00 a 20.00 horas na Universidade de Santiago de Compostela en:

    1. Dereitos humanos

    2. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

    3. Xénero e igualdade

    4. Senfogarismo

    5. Migración e refuxio

    6. Saúde mental

    7. Prevención de adiccións

    8. Protección fronte ao ciberacoso

    9. Dinámicas interactivas de sensibilización‌

  2. Fase de voluntariado (a partir do 19 de outubro) no que impartirán por parellas catro talleres de sensibilización sobre os temas mencionados anteriormente en centros educativos de Santiago de Compostela.

Inscrición: formulario

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión