Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de bolsas IBM - Fundae: Certificado Data Analytics
Con este curso en liña e gratuíto organizado por Fundae obterás coñecementos técnicos avanzados en analítica de datos: análise de datos, manipulación de datos para usabilidade, estatística introdutoria, o proceso de análise de datos, preparación de conxuntos de datos e visualizacións de datos para contar historias.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 13/03/2026 ata o 22/05/2026
Inscricións:
Ata o 08/03/2026
Prezo:
Gratuíto.
Requisitos:
Ser residente en España.
Ter máis de 18 anos.
Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas.
Curso 3: Introdución á estatística inferencial e descritiva
Curso 4: Recollida e análise de datos
Curso 5: Preparación de datos para análises
Curso 6: Testing e optimización
Curso 7: Proxecto final
Modalidade
Contarás con clases en liña en directo de apoio e resolución de dúbidas, pero se non podes asistir podes velas posteriormente xa que quedarán gravadas
Certificación
Para obter o certificado emitido por IBM e Datahack é imprescindible completar os módulos obrigatorios nos que está estruturada a formación e realizar correctamente o proxecto final na data establecida para iso.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible