Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado de usos profesionais da Intelixencia Artificial Xenerativa

Formación gratuíta ofrecida por IBM, en colaboración coa Fundae. Ao longo deste curso, descubrirás os fundamentos da IA, desde conceptos básicos ata aplicacións avanzadas, e aprenderás a utilizar ferramentas como o ChatGPT, Midjourney ou Freepik, entre moitas outras, para resolver problemas, crear contido e mellorar a produtividade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/09/2026 ata o 09/11/2026

Inscricións:

Ata o 13/09/2026

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Ser residente en España.
  • Ter máis de 18 anos.
  • Daráselles prioridade de participación ás persoas desempregadas.
  • Para poder realizar a formación, é necesario ter acceso a internet e un navegador web actualizado: Google Chrome, Mozilla Firefox, Microsoft Edge ou Safari.
  • É recomendable contar cos seguintes coñecementos previos para aproveitar ao máximo os contidos:
    • Competencias dixitais básicas:
      • Manexo de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas e smartphones).
    • Familiaridade con ferramentas tecnolóxicas:
      • Uso de aplicacións básicas como navegadores web, procesadores de texto e follas de cálculo.
      • A experiencia previa en plataformas de aprendizaxe en liña será un plus.
    • Interese pola tecnoloxía e a innovación:
      • Aínda que non é imprescindible ter experiencia previa en Intelixencia Artificial, unha actitude curiosa e aberta cara ás novas tecnoloxías será clave.
  • Nivel básico de inglés técnico (desexable): algunhas interfaces, termos ou recursos poden estar en inglés, polo que un nivel básico facilitará a comprensión.

Páxina web:

https://experienciafundae.es/

Contacto:

Plan formativo

  • 70 horas de formación híbrida: combinación de autoestudo e clases maxistrais síncronas
  • 6 módulos temáticos
  • Retos prácticos e test deseñados para consolidar a aprendizaxe en cada curso

Ao realizares esta formación, recibirás unha insignia dixital. Se fas tamén o test final, obterás, ademais, un certificado apoiado por IBM SkillsBuild e Bejob, que acreditará as túas habilidades e o cumprimento do curso.

Programa

  • Que é a IA xenerativa
  • O universo de ferramentas da IAGen
  • Como utilizar a IA xenerativa - imaxes e extensións
  • Como usar a IA xenerativa
  • Automatizacións
  • Límites e futuro da IA

Inscrición

https://experienciafundae.es/bolsa-ibmfundae/detalle/3585

Antes de iniciar o curso, é obrigatorio completar unha semana previa de preparación que inclúe test de coñecementos e unha formación clave sobre intelixencia artificial e programación. Esta etapa de prerrequisito previo ten como obxectivo garantir que todo o alumnado conte coa base necesaria para afrontar os contidos avanzados do programa. É imprescindible superar satisfactoriamente tanto o test inicial como o test final desta fase para poder acceder ao curso. Aquelas persoas que non cumpran cos requisitos establecidos non poderán continuar coa formación. Asegurarase así un nivel homoxéneo entre o alumnado e o máximo aproveitamento do contido avanzado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión