Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Excel Aplicado: Xestión e Automatización de Datos

Programa gratuíto e en liña organizado por IBM en colaboración con Fundae. Deseñado para que aprendas o esencial de traballar con datos de forma práctica e eficiente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/10/2026 ata o 13/11/2026

Inscricións:

Ata o 06/10/2026

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

  • Ser residente en España
  • Ter máis de 18 anos
  • Daráselle prioridade de participación ás persoas desempregadas
  • Ter acceso a Excel.

Páxina web:

https://experienciafundae.es/

Organiza:

Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae) e IBM.

Contacto:

Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae)

https://www.fundae.es/atencionusuario/contacto

Obxectivos

Unha vez finalizado o curso, comprenderás:

  • Como estruturar información correctamente.
  • Como aplicar funcións clave, analizar datos con ferramentas como táboas dinámicas.
  • Como crear informes visuais claros.
  • Como optimizar tarefas e procesos para mellorar a túa produtividade no día a día.

Contido

  • 1. Prerrequisito básico: antes de iniciar o curso, é obrigatorio completar unha formación previa nun tempo definido. É imprescindible superar satisfactoriamente esta fase de prerrequisito para poder continuar o curso.
  • 2. Fundamentos e produtividade
  • 3. Análise e visualización de datos
  • 4. Técnicas avanzadas de automatización

Modalidade

  • 16 horas de formación en liña.
  • 4 sesións en vivo.
  • 4 módulos temáticos.

Certificación

Esta formación ofrécese da man de Datahack e IBM SkillsBuild. Unha vez que completes o curso correctamente, recibirás un certificado dixital emitido por Datahack e IBM SkillsBuild.

Inscrición

A selección de persoas para o envío de invitacións ao programa de Bolsas IBM Fundae farase por orde de chegada das solicitudes presentadas a través do formulario de solicitude, atendendo ás seguintes cuestións: daráselle prioridade de participación ás persoas desempregadas.

https://experienciafundae.es/bolsa-ibmfundae/detalle/3616

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión