Programa gratuíto e en liña organizado por IBM en colaboración con Fundae. Formación deseñada para persoas que xa contan cunha base previa en programación e desexan dar un paso cara a un perfil técnico máis sólido, práctico e orientado ao mercado laboral.
Para público en xeral
Dende o 01/06/2026 ata o 26/07/2026
Ata o 24/05/2026
Gratuíto.
Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae) e IBM.
Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae)
Contido
Modalidade
Formación e tests previos obrigatorios:
Antes do inicio do contido troncal, o alumnado realizará un curso previo obrigatorio destinado a asegurar unha base mínima común. Esta fase previa permite reforzar conceptos esenciais de programación en Python e facilita o seguimento do resto do itinerario.
A superación do curso previo é obrigatoria para acceder ao contido completo do itinerario.
Certificación
Ao realizar esta formación recibirás unha insignia dixital, se realizas tamén o proxecto final obterás ademais un certificado apoiado por dous referentes tecnolóxicos: IBM SkillsBuild e Bejob, que, acreditará as túas habilidades e o cumprimento do curso.
Inscrición
A selección de persoas para o envío de invitacións ao programa de Bolsas IBM Fundae farase por orde de chegada das solicitudes presentadas a través do formulario de solicitude, atendendo ás seguintes cuestións: Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas.
Dende o 03/05/2026 ata o 28/05/2026
Ata o 21/05/2026
Dende o 02/05/2026 ata o 24/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible