Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Formación gratuíta no sector TIC do CNTG para persoas desempregadas e traballadoras, tanto na modalide en liña como presencial

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

cada curso ou xornada ten o seu propio prazo de inscrición.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

  • Son destinatarios das accións formativas (cursos, seminarios técnicos, etc.) que se desenvolvan no CNTG, tanto as persoas traballadoras ocupadas como as persoas desempregadas. Por tanto, as persoas pertencentes a calquera destes colectivos poden inscribirse en todas aquelas accións formativas que sexan do seu interese.

  • Hai accións formativas, como é o caso da maior parte dos cursos, que implicarán a realización dunha proba de selección e outras que serán de acceso directo, previa inscrición en ambos os casos. 

  • No caso dos cursos, só poderán ser admitidas aquelas persoas solicitantes que se atopen en situación laboral de desemprego ou estean ocupadas e teñan o seu centro de traballo en Galicia. Será a persoa interesada a que indique, mediante declaración responsable, a súa situación laboral ao comezo do curso; aínda que o CNTG poderá comprobar de oficio dita situación, se así o considera.

  • Consultar criterios de selección.

Remuneración / Custo:

  • Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas: consultar requisitos.

Páxina web:

https://cntg.xunta.gal/

Contacto:

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 997 804 - 881 997 805 - 881 997 812 (tarde)

estudos.cnt@xunta.gal

Programación de cursos e xornadas técnicashttps://cntg.xunta.gal/web/cntg/programacion-activa

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión