Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programas de Mantemento de Servizo e Infraestruturas dun Centro de Proceso de Datos (CPD)

SEPE e Fundae puxeron en marcha dous itinerarios formativos gratuítos especializados no sector de CPDs. O mantemento de servizos e infraestruturas en DATA CENTERS son profesións con alta demanda de profesionais. Os cursos desenvólvense cunha mecánica nova de formación on-line e están rexistrados no Catálogo de Especialidades Formativas do SEPE.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

gratuíto.

Requisitos:

  • Requisitos mínimos: Título de Técnico (FP Grao Medio); ou estar en posesión dun certificado de profesionalidade das especialidades de electricidade, electrónica, mecánica ou industrial; ou Título da ESO e experiencia laboral nalgunha desas especialidades formativas (2 anos); ou título de Bacharelato.
  • Tamén se valorará o estar en posesión dun certificado de profesionalidade das especialidades de electricidade, electrónica, mecánica ou industrial.
  • Título da ESO, cando se posúa a experiencia laboral de 2 anos no ámbito dunha destas familias profesionais.
  • Deberase acreditar un nivel B1 de inglés, achegando calquera certificación oficial acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL); ó CM13 (Módulo profesional de inglés de FP grao medio); ó CM14 (Módulo profesional de inglés de FP grao superior).
  • O alumnado poderán atoparse ocupado ou en situación de desemprego.

Páxina web:

https://www.fundae.es/

Contacto:

Fundación Estatal para a Formación no Emprego

Tel.: 91 119 54 30

Mantemento de servizo dun CPD

Adquirirás coñecementos que che permitirán montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, así como as áreas de montaxe.

Contidos (425 horas):

  • Montaxe e mantemento de instalacións de telecomunicacións, infraestruturas de redes de voz e datos nun centro de por procesamiento de datos (CPD).
  • Montaxe de instalacións de megafonía sonorización de locais e circuíto pechado de televisión nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Montaxe e mantemento de sistema domóticos e inmóticos e sistemas de radio comunicación nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos illados ou en rede nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Seguridade electrónica I: sistema de videovigilancia e seguridade nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Seguridade electrónica II: instalación e posta en marcha dun sistema de control de acceso e presenza. Mantemento e xestión de incidencias en proxectos de vídeo vixilancia e control de acceso e presenza nun CPD.
  • Ciberseguridad e seguridade en infraestruturas dun centro de proceso de datos (CPD).

+ Info e inscrición

Mantemento de Infraestruturas dun CPD

Adquirirás coñecementos que che permitirán montar e manter infraestruturas de instalacións que se localizan nun CPD

Contidos (580 horas):

  • Montaxe de instalacións eléctricas de ligazón nun centro de ser procesamiento de datos (CPD).
  • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de interior nun centro de procesamiento de datos(CPD).
  • Montaxe e reparación de automatismos eléctricos nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Montaxe e mantemento de transformadores nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Montaxe de máquinas eléctricas rotativas nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Mantemento de máquinas eléctricas rotativas, prevención de riscos laborais e ambientais na montaxe e mantemento de instalacións eléctricas nun centro de procesos de datos (CPD).
  • Mantemento de instalacións frigoríficas nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Mantemento de instalacións de climatización e ventilación nun centro de proceso de datos (CPD).
  • Mantemento de instalacións de protección contraincendios nun centro de proceso de datos (CPD).

+ Info e inscrición

Modalidade de impartición

Formación en liña en Plataformas SGA (LMS) e plataformas de control remoto de equipos con streaming en vídeo. Realidade aumentada e sistemas audiovisuais que che permitirán acceder a laboratorios e equipos técnicos altamente especializados.

Bases de participación xerais

A selección do alumnado participante farase por estrita orde de chegada das solicitudes presentadas a través do formulario habilitado, sempre que cumpran os requisitos establecidos e presenten a documentación acreditativa correspondente. Darase acceso ao novo alumnado unha vez ao mes, dado que as prazas son limitadas, recibindo qquienesaceptados unha comunicación de benvida ao email indicado na súa solicitude de inscrición.

Os itinerarios formativos non esixen o cumprimento dun calendario prestablecido.

O alumnado que finalice con éxito o Itinerario realizado recibirán un diploma, acreditando os itinerarios realizados, rexistrados no Catálogo de Especialidades Formativas do SEPE.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión