Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Sons e saberes no Monte dos Crutos

As actividades buscan achegar á cidadanía o valor histórico, cultural e ambiental do Castro de Elviña, un dos principais xacementos arqueolóxicos da cidade, combinando divulgación, lecer e participación nunha proposta pensada para todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2026 ata o 26/09/2026

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/

Contacto:

Asociación Tempo Novo

Tel.: 651 498 212

contacto@temponovo.gal 

Programa:

Xoves, 24 de setembro:

  • 17:30 horas: obradoiro de estampaxe no que as persoas participantes poderán elaborar a súa propia diadema inspirada no Tesouro de Elviña, guiadas polo arqueólogo experimental Vítor García Piñeiro.

Venres, 25 de setembro:

  • 17:30 horas: desenvolveranse simultaneamente un obradoiro de construción de valos tradicionais impartido polo canteiro Manuel Campos Vilaverde e unha visita guiada ao Castro de Elviña.

Sábado 26 de setembro:

  • 09:30 horas: roteiro de natureza e historia pola contorna do castro da man de Alejandro Álvarez.
  • 11:30 horas: abrirase o recinto arqueolóxico, que acollerá durante toda a xornada unha exposición fotográfica sobre memoria colectiva e unha ciclobiblioteca especializada en patrimonio e memoria. Tamén ás 11.30 horas terá lugar unha visita musicada ás escavacións recentes guiada polo arqueólogo municipal Marco Rivas Nodar.
  • 13:00 horas: Anxo Moure ofrecerá unha primeira sesión de contacontos.
  • 14:00 horas: xantar popular, concibido como un espazo de convivencia aberto á participación da veciñanza.
  • 16:00 horas: Antón Cortizas impartirá un obradoiro de construción de brinquedos con refugallos.
  • 16:30 horas: realizarase unha visita comentada á exposición fotográfica.
  • 17:00 horas: haberá unha nova sesión de contacontos con Anxo Moure, así como a actividade participativa 'Os Foucellas da billarda', unha eira de aprendizaxe deste xogo tradicional.
  • 19:00 horas: concerto do grupo Aghrú, que protagonizará o solpor musical co que concluirá esta edición.

Aquelas actividades que requiren inscrición previa poden reservarse a través do correo electrónico contacto@temponovo.gal ou do teléfono 651 498 212.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión