O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), convídavos a gozar dos seus talleres infantís e familiares, a participar en visitas guiadas polas súas exposicións para descubrir a colección, ou a poñer a proba a vosa agudeza con xogos de pistas diarios.
Para público en xeral
Xullo e agosto de 2026.
Horario de verán:
Gratuíta con reserva previa ou en despacho de billetes.
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña
Tel.: 689 578 727
PROGRAMACIÓN ESPECIAL ECLIPSE
EXPOSICIÓN TEMPORAL "DA TERRA AO REFUXIO"
A través da mirada do fotógrafo Juan Luis Rod e da arquitecta Patricia Muñiz, a exposición pon o foco nas necesidades das comunidades afectadas en Cabo Delgado (Mozambique) polos conflitos armados e os impactos climáticos extremos, que provocaron centos de desprazamentos. Entenderemos, a través dun proxecto de investigación da Universidade da Coruña e a implementación dos refuxios por parte a Fundación Axuda en Acción, como se coordinaron solucións adaptadas ás dinámicas culturais, sociais e ambientais da rexión. Ata o 27 de setembro.
EXPOSICIÓN TEMPORAL "OS INSTRUMENTOS DE HUMBOLDT"
En xuño de 1799, Humboldt partía do porto da Coruña a bordo da fragata Pizarro para emprender a súa gran exploración de América. Con el levaba unha colección de 42 dos instrumentos de medida máis modernos e precisos da época... Con este fito como punto de arranque, a exposición profunda nunha das facetas máis descoñecidas -e paradoxalmente máis decisivas de Humboldt. Popularizado como naturalista e ecólogo, xeralmente pásase por alto a súa fascinación coa tecnoloxía punta e a súa obsesión coa metroloxía. Estaba convencido de que só efectuando unha medición sistemática e precisa da maior cantidade posible de fenómenos e variables chegaría a inferir as leis e relacións que rexen a natureza. Como así foi.
TALLERES
XINCANAS FAMILIARES
Martes-sábado ás 13.15 e 16.00 h, domingos e festivos ás 13.15 h. Público familiar (6-12 anos). Xogos de pistas por equipos para coñecer o museo a través de diversas temáticas: literatura fantástica, as obras de Xulio Verne, os grandes inventos de Torres Quevedo, as viaxes espaciais, o traballo de científicas e tecnólogas, a natureza que inspira a tecnoloxía, a sostibilidade ou os xoguetes que temos no museo.
A BUSCA DO TESOURO
Martes-sábado ás 18.00 h. Público familiar (6-12 anos). A popular procura do tesouro faravos percorrer o museo, resolvendo distintos retos ata localizar un tesouro conservado polo MUNCYT, tras o que recibiredes un pequeno obsequio por lograr completar o percorrido.
CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES
Martes-sábado ás 12.30 e 17.00 h, domingos e festivos ás 12.30 h. Público xeral e familiar (idade recomendada a partir de 6 anos). Visitas guiadas para todos os públicos e visita familiar que inclúe un xogo de pistas e unha actividade participativa temática sobre electricidade, cinema, son, enerxías, matemáticas, química, entre outras.
Dende o 05/07/2026 ata o 26/07/2026
Dende o 01/07/2026 ata o 30/07/2026
Ata o 31/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible