Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, en colaboración co Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria (CIXUG), convocan a 9ª edición de Xuventude Mentoring, un programa integral de formación e mentoring promovido para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao, de formación profesional superior ou estudos superiores en ensinanzas de réxime especial.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 13/04/2026
Prezo:
gratuito
Requisitos:
Ter entre 18 anos e 30 anos e estar inscrita/o e ser beneficiaria/o do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciarse as accións do programa.
Ter rematado os estudos universitarios de grao/posgrao, de formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial nunha universidade ou centro de estudos de Galicia (incluídos os estudos da UNED en Galicia). Aínda así, tamén poderán participar:
- persoas que teñan realizado a formación (universitaria, formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial) fóra de Galicia sempre que a dita formación non estivese incluída no programa educativo de ningunha universidade pública ou centro de estudios de Galicia na data de inicio da formación.
- persoas que, tendo realizado a súa formación universitaria fóra da comunidade autónoma de Galicia, tiveran feito posteriormente un mestrado nalgunha universidade pública de Galicia.
- persoas coa condición de emigrantes retornadas.
Non ter participado e completado con anterioridade as accións previstas en edicións previas do programa Xuventude Mentoring.
O Programa Xuventude Mentoring está composto por 4 grandes bloques de accións que se desenvolverán, fundamentalmente, entre os meses de abril e xullo de 2026:
Actividades de asesoramento e acompañamento polo equipo de titores/as ao longo de todo o calendario.
Actividades de mentoría a cargo de persoas profesionais procedentes do empresariado galego que aconsellarán e guiarán na busca de emprego por conta allea ou propia (autoemprego) e axudarán ás persoas mozas participantes a crear e ampliar unha rede de contactos de interese.
Actividades formativas de apoio ao desenvolvemento do perfil competencial de cada persoa participante, divididas entre actividades formativas obrigatorias e contidos formativos voluntarios, podendo desenvolverse de maneira presencial, semipresencial ou en liña.
Actividades de networking e visitas a empresas ao longo do programa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible