Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

36 resultados

  • Comunicación Efectiva - Curso Santander Open Academy

    Acode falando telemáticamente.

    Cando:

    Aberto ata o 31 de decembro de 2026.

    Santander Open Academy ofrece este curso co que se adquiren habilidades de comunicación oral, aprenderanse técnicas para perder o medo escénico e a estruturar unha mensaxe e desenvolverse eficazmente en calquera situación profesional ou persoal.

  • Márketing Dixital e Xestión de Redes Sociais - Impulsa Emprego Novo

    Cartel cos datos do curso.

    Cando:

    Outubro - decembro de 2026

    Formación gratuíta dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 29 anos do programa Impulsa Empleo Joven.

  • Curso avanzado en igualdade laboral

    Fotografía dunha muller dando a man a un home.

    Cando:

    Dende o 17/09/2026 ata o 17/11/2026

    Inscricións:

    Ata o 15/09/2026

    Formación da Xunta de Galicia, totalmente gratuíto. Tratase dunha ampliación do contido do curso básico de igualdade laboral de 8 horas de duración no que se profundará sobre as temáticas desenvoltas no mesmo

  • Curso básico en igualdade laboral

    Fotografía dunha mullere nunha reunión con dos homes.

    Cando:

    Dende o 17/09/2026 ata o 17/10/2026

    Inscricións:

    Ata o 15/09/2026

    Este curso da Xunta de Galicia, totalmente gratuíto, facilita ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, acercando os coñecementos necesarios sobre a negociación dos plans de igualdade, diagnose, igualdade retributiva, medidas para fomentar a igualdade laboral e os protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo.

  • Programa de bolsas IBM - Fundae: Certificado Data Analytics (non tutorizado)

    Fotografía dunha persoa traballando cuns gráficos.

    Con este curso en liña e gratuíto organizado por Fundae obterás coñecementos técnicos avanzados en analítica de datos: análise de datos, manipulación de datos para usabilidade, estatística introdutoria, o proceso de análise de datos, preparación de conxuntos de datos e visualizacións de datos para contar historias.

  • Pensamento e mentalidade estratéxica - Curso Santander Open Academy

    Infografía coa palabra

    Cando:

    O curso está aberto ata o 31/12/2026.

    Este curso en liña e gratuíto da Santander Open Academy ensinarache a analizar a contorna, anticiparte ao cambio e tomar decisións aliñadas cos obxectivos da túa organización, utilizando ferramentas clave e enfoques modernos.

  • Programa de liderado Europa101

    programa Europe 101

    Cando:

    Dende o 28/09/2026 ata o 23/10/2026

    Inscricións:

    Ata o 23/09/2026

    D-teach en liña school organiza Europe101 un programa gratuíto de liderado en liña para mocidade de entre 16 e 30 anos de todo o continente.

  • Cursos TALENTO NOVO (Garantía Xuvenil)

    Cartel Talento Novo con imaxes de mozas sorrindo

    A Cámara de Comercio da Coruña ofrece este programa gratuíto que busca asegurar que as persoas novas de entre 16 e 29 anos inscritas en Garantía Xuvenil, reciban educación continuada ou formación tras quedar desempregadas ou finalizar a súa formación académica.

  • Psicoterapia a distancia. Do teléfono á intelixencia artificial

    cerebro

    Cando:

    Dende o 02/10/2026 ata o 16/10/2026

    Aula UNED Ferrol organiza un curso sobre o uso do teléfono, a web, as aplicacións móbiles e a intelixencia artificial en psicoterapia. Aborda as súas principais aplicacións, as adaptacións necesarias para mellorar a intervención e os aspectos éticos e legais da atención psicolóxica en formatos non presenciais. Pode seguirse en liña, tanto en directo como en diferido, sen necesidade de asistir ao centro.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado ciberseguridade

    Infografía do circuíto dun PC.

    Cando:

    Dende o 05/10/2026 ata o 06/12/2026

    Inscricións:

    Ata o 27/09/2026

    Formación gratuíta en liña ofrecida por IBM, en colaboración con Fundae. Penetrarás en conceptos clave, terminoloxía e principios esenciais, e participarás en actividades con ferramentas, marcos e escenarios que che axuden a aplicar e practicar o que aprendiches.

resultados 36

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión