Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Matrícula libre para as probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas - 2025/26
A Consellería de Educación convoca as probas de certificación 2025/26 para a obtención dos certificados dos niveis básico A2, intermedio B1 e B2 e avanzado C1 e C2.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 23/02/2026 ata o 06/03/2026
Requisitos:
Alumnado libre:
Poderanse matricular nas probas de certificación as persoas que teñan dezaseis anos cumpridos, ou que os cumpran no ano 2026.
As persoas menores de dezaseis anos, que teñan catorce anos cumpridos, ou que os cumpran no ano 2026, poderanse matricular nas probas de certificación de idiomas distintos da súa primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria.
O alumnado do réxime libre poderá matricularse nos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das probas de certificación, sen que sexa requisito posuír o certificado do nivel ou niveis anterior(es) e seguindo o procedemento descrito na instrución.
Realizarase unha solicitude distinta para cada idioma e nivel no que se desexe matricularse.
A matrícula feita en liña non terá validez ata que se formalice, a través da mesma aplicación web. Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá presentar, ata o 6 de marzo, a documentación requerida
ALUMNADO DO RÉXIME LIBRE PARA OB2 E C1 DE INGLÉS E GALEGO
As persoas que desexen matricularse polo réxime libre nas probas de nivel B2 e/ou C1 de inglés e/ou galego deberán realizar a inscrición na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre e indicar polo menos tres centros
Realizarase un sorteo o día 11 de marzo. O resultado poderá consultarse o día 12.
Para formalizar a matrícula, este alumnado deberá presentar, a partires do 12 de marzo, ata as 23:59 do 20 de marzo, a documentación requerida.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible