Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios extraordinarios de bacharelato, curso 2025/26

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2025/26 coa finalidade de recoñecer o esforzo e traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia. Para iso convocan tanto a proba dos premios extraordinarios de bacharelato (PEB) como a subvención do premio.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/06/2026

Requisitos:

  • Requisitos para a matrícula na proba PEB:
    • Ter rematado e superado os estudos de bacharelato no curso 2025/26 nun centro docente de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
    • er acadado nas cualificacións do conxunto dos dous cursos de calquera das modalidades de bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75.
    • Todos os requisitos deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na proba PEB.
    • O alumnado, as súas persoas representantes legais ou, no caso de menores de idade, a súa nai, pai ou persoas titoras legais presentará a súa solicitude de matrícula na secretaría do centro en que superase o 2º curso de bacharelato.
  • Requisitos para a solicitude da subvención dos premios extraordinarios de bacharelato:
    • Terse presentado á proba PEB na convocatoria de 2026 e ter acadada unha cualificación total mínima de 25 puntos.
    • Ter acadado, como mínimo, unha cualificación de 10 puntos no exercicio de Análise e comentario crítico de texto.
    • Ter acadado, como mínimo, unha cualificación de 5 puntos nos demais exercicios da proba PEB.
    • As solicitudes presentaranse preferiblemente a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na aplicación informática www.edu.xunta.gal/premiosedu ou na sede electrónica https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, as/os representantes legais das persoas solicitantes.

Remuneración / Custo:

Concederanse un máximo de 20 premios dunha contía de 1.000 € por premio

  • - O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo e a distinción farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
  • - O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o 1º ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no 1º curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2026/27.
  • - As persoas que obteñan premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de solicitude, ao correspondente premio nacional de bacharelato.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n (15781 -  Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 527 / 881 996 509 / 881 997 383

correo-e: premios@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 01/06/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311A

Procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá 2 fases diferenciadas, con solicitudes diferentes para cada unha delas:

  • 1ª FASE: o alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria e que desexe optar aos premios deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba PEB. O prazo de matrícula será de 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación da orde: do 2 ao 8 de xuño de 2026
  • 2ª FASE: publicadas as cualificacións definitivas na proba PEB, o alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato. O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes de cualificacións definitivas.

Estrutura da proba PEB: a proba PEB estruturarase en 2 partes, cada unha delas para desenvolver en 2 horas:

  • 1ª parte: constará dun exercicio de análise e comentario crítico de un texto ou textos, sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario. Para a resolución do exercicio será necesario usar as dúas linguas cooficiais, agás aquel alumnado que teña recoñecida a exención de avaliación na materia de Lingua Galega e Literatura II, que poderá realizar todo o exercicio en lingua castelá. O exercicio cualificarase entre 0 e 20 puntos cun decimal.
  • 2ª parte: constará de 2 exercicios:
    • 1º exercicio.- Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario e no idioma correspondente.
    • 2º exercicio.- Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, para elixir entre as seguintes, segundo a modalidade de bacharelato cursada: Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II. 
    • Cada un dos 2 exercicios cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.

A cualificación de cada parte da proba PEB obterase mediante a suma das cualificacións dos exercicios que a compoñen. A cualificación total será a suma das cualificacións obtidas en cada parte da proba PEB.

Realización da proba PEB terá lugar o día 16 de xuño de 2026 nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada en  www.edu.xunta.gal/premiosedu

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión