A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Para público en xeral
Ata o 16/02/2026
https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego
Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n (15781 - Santiago de Compostela)
Tel.: 981 546 858 - 981 546 843 - 981 546 854
correo-e: sx.cualificacions.emprego@xunta.gal
Publicación: DOG 14/01/2026
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento TR306A
As probas terán lugar, previsiblemente, na segunda quincena de maio. O lugar, os días e os horarios de realización das probas publicarase na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: https://conselleriaemprego.xunta.gal/es/formacion/competencias-clave
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
Co obxecto de facilitar a preparación desta proba, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría. As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, na seguinte ligazón: https://conselleriaemprego.xunta.gal/es/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual
A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados profesionais do nivel correspondente:
Dende o 08/02/2026 ata o 27/02/2026
Dende o 07/02/2026 ata o 28/02/2026
Ata o 13/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible