Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

12 prazas de bombeiro-condutor ou bombeira-condutora do Concello de Santiago

O Concello de Santiago convoca un proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre e polo sistema de oposición, de tres (3) prazas de bombeiro/a condutor/a, da Escala de Administración Especial, subgrupo C2 e nove (9) prazas de bombeiro/a condutor/a especialista, da Escala de Administración Especial, subgrupo C1.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 22/06/2026

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto refundido do Estatuto básico do empregado público.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do carné de conducir da clase  C+E.
  • BOMBEIRO/A CONDUTOR/A (C2): Ter a titulación de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou equivalente.
  • BOMBEIRO/A CONDUTOR/A ESPECIALISTA (C1): Posuír ou estar en condicións de obter o título de Bacharelato, Técnico ou equivalente.

Páxina web:

https://santiagodecompostela.gal

Contacto:

Concello de Santiago

Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela

Tel.: 981 542 300

informacion@santiagodecompostela.gal

Publicación:

BOP 05/05/2026

BOE 02/06/2026

Documentos:

Bases.pdf (416 KB)

A selección das persoas aspirantes realizarase a través do sistema de oposición, seguido dun recoñecemento médico e dun curso selectivo e período de prácticas.

A fase de oposición consistirá na realización de tres (3) exercicios de carácter obrigatorio que se indican a continuación e que serán eliminatorios:

  • Primeiro exercicio. Realización dun cuestionario dirixido a determinar os coñecementos da parte xeral e da parte especifica do temario.
  • Segundo exercicio. Realización de seis (6) probas de aptitude física e física-práctica.
  • Terceiro exercicio. Proba de aptitude psicotécnica e entrevista persoal.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión