Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

14 prazas de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade da Xunta de Galicia

A Consellería de Facenda e Administración Pública convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/05/2026

Requisitos:

  • Titulación: bacharel ou técnico, ou equivalentes.
  • Permiso de conducir B.
  • Celga 4 ou título equivalente, ou superar unha proba de coñecemento da lingua galega.
  • As persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %.

Páxina web:

www.xunta.gal/funcion-publica

Contacto:

Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela

Telf. 012

Publicación: DOG 16/04/2026

  • Prazas convocadas na especialidade de vixilancia de estradas: 10, das cales unha está reservada a persoas que acrediten discapacidade e 3 para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
  • Prazas convocadas na especialidade de mobilidade: 4. Resérvase unha praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna; de non cubrirse, acumularase ás de acceso libre.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión