Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Peón/peoa do Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Noia
O Concello de Noia convoca procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición e acceso libre, para a provisión en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo da categoría de peón/peoa do GES, adscrita ao servizo de protección civil.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/05/2026
Requisitos:
Certificado de escolaridade, Certificado de estudos primarios, Graduado Escolar, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), titulación superior, ou equivalente.
Permiso de conducir da clase C en vigor e sen limitacións.
Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
Nacionalidade española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
Certificado de lingua CELGA II, curso de iniciación da lingua galega, equivalente ou validación do mesmo. As persoas aspirantes que non o posúan, deberán superar a proba de coñecemento do idioma galego.
Presentación dun informe de saúde, asinado por persoal facultativo, no que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e psíquicas para realizar as probas de aptitude física.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible