Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Pontevedra convoca procesos selectivos, polo sistema de oposición libre, para cubrir prazas de Administrativo/a, Auxiliar administrativo/a, Subalterno/a, Arquitecto/a, Traballador/a social, Enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas, Técnico/a medio/a de arquivos, Técnico/a medio/a relacións laborais, Oficial e Oficial carpinteiro/a.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/09/2026
Requisitos:
Administrativo/a: título de bacharel, técnico/a ou equivalente.
Auxiliar administrativo/a: título de graduado en educación secundaria obrigatoria, de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao, ou equivalente.
Subalterno/a: non se require titulación académica.
Arquitecto/a: título de arquitecto/a, graduado/a ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto/a.
Traballador/a social: título de Diplomado/a en traballo social ou graduado/a nunha titulación equivalente da rama de ciencias sociais e xurídicas.
Enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas: título enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas ou graduado/a nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas.
Técnico/a medio/a de arquivos: título de Diplomado/a universitario/a ou graduado/a nunha titulación da rama de Artes e Humanidades ou da rama de ciencias sociais ou xurídicas.
Técnico/a medio/a relacións laborais: título de diplomado/a universitario/a en relacións laborais ou graduado/a nunha titulación equivalente da rama de ciencias sociais e xurídicas.
Oficial extinción incendios: titulación de graduado/a nunha titulación de calquera rama e permiso de conducir da clase B.
Oficial carpinteiro/a: título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria, de graduado/a escolar, formación profesional de primeiro grao, ou equivalente.
Administrativo/a. Grupo C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. 1 praza.
Auxiliar. Grupo C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar. 2 prazas (unha reservada para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade).
Arquitecto/a. Grupo A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores. 1 praza.
Traballador/a social. Grupo A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. 2 prazas.
Enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas. Grupo A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. 1 praza.
Técnico/a medio/a de arquivos. Grupo A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. 1 praza.
Técnico/a medio/a relacións laborais. Grupo A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. 1 praza.
Oficial. Grupo A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. 1 praza.
Oficial carpinteiro/a. Grupo C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. 1 praza.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible