Ofertado por: Universidade da Coruña
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Ámbito: A información e documentación son os núcleos centrais que comparten os profesionais que traballan en bibliotecas, centros de documentación e arquivos, e como xestores/as de contidos de todo tipo de organizacións. O obxectivo deste grao é formar profesionais nos métodos de clasificación e catalogación de libros e documentos, nos diferentes sistemas de arquivo, nas normas de catalogación e clasificación, na organización de bibliotecas e no uso das fontes de información bibliográfica. Ademais será básica a formación en aspectos relacionados coa organización dos centros e coa aplicación das novas tecnoloxías.
Sectores: Bibliotecas (xerais e especializadas), arquivos (Administración pública e empresas), centros de información e documentación (medios de comunicación, editoriais, hospitais, empresas), empresas de servizos de documentación
Profesións para as que capacita: Planificar, organizar avaliar sistemas, unidades e servizos de información; adquisición, ordenación racional e técnica do almacenamento de documentos de calquera tipo de soporte (papel, informático etc); seleccionar, organizar, recuperar e difundir información; estudar, analizar e mellorar procesos de produción e uso da información baixo criterios de calidade; aplicar as tecnoloxías da información nas unidades e servizos de información, estudar, analizar e deseñar políticas e servizos de información, analizar as necesidades de información e asesorar e formar produtores e clientes de servizos de información; obter, tratar e interpretar datos do contorno das unidades e servizos de información; deseñar políticas de preservación e conservación dos fondos documentais; obter, tratar e interpretar datos do contorno das unidades e servizos de información; deseñar políticas de preservación e conservación dos fondos documentais; labores de docencia e investigación. Poden ocupar os seguintes postos: arquiveiro/a, bibliotecario/a, documentalistas e xestores/as da información, axudantes de arquivos e bibliotecas da Administración pública.
Distribución de ETCS por tipo de materia:
|
Tipo de materia |
Formación básica |
Obrigatorias |
Optativas* |
Prácticas externas |
Traballo fin de grao |
Total |
|
Créditos ECTS |
60 |
126 |
36 |
12 |
6 |
240 |
*As materias optativas cúrsanse en cuarto
Plano de estudos
|
PRIMEIRO CURSO |
||
|
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
|
Formación básica |
Introdución á Antropoloxía Socio-Cultural |
6 |
|
Formación básica |
Introdución á Historia |
6 |
|
Formación básica |
Xeografía Humana |
6 |
|
Formación básica |
Informática Aplicada |
6 |
|
Formación básica |
Fundamentos de Teoría e Xestión da Información |
6 |
|
Formación básica |
Sistema do Coñecemento: Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía |
6 |
|
Formación básica |
Socioloxía |
6 |
|
Formación básica |
Xestión de Empresa e Institucións Culturais |
6 |
|
Formación básica |
Inglés Aplicado |
6 |
|
Formación básica |
Literatura Española |
6 |
|
SEGUNDO CURSO |
||
|
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
|
Obrigatoria |
Documentación Xeral |
6 |
|
Obrigatoria |
Biblioteconomía |
6 |
|
Obrigatoria |
Análise Documental |
6 |
|
Obrigatoria |
Bibliografía e Fontes de Información |
6 |
|
Obrigatoria |
Informática Documental |
6 |
|
Obrigatoria |
Análise Documental de Contido |
6 |
|
Obrigatoria |
Arquivística |
6 |
|
Obrigatoria |
Estatística |
6 |
|
Obrigatoria |
Catalogación Descritiva de Documentos Especiais |
6 |
|
Obrigatoria |
Aspectos Xurídicos de Acceso á Información |
6 |
|
TERCEIRO CURSO |
||
|
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
|
Obrigatoria |
Planificación e Xestión de Unidades de Información |
6 |
|
Obrigatoria |
Catalogación Formal de Documentos Electrónicos |
6 |
|
Obrigatoria |
Xestión de Documentos Administrativos |
6 |
|
Obrigatoria |
Fontes de Información Especializadas |
6 |
|
Obrigatoria |
Bases de Datos Documentais |
6 |
|
Obrigatoria |
Linguaxes de Indización Terminolóxica |
6 |
|
Obrigatoria |
Xestión da Colección |
6 |
|
Obrigatoria |
Linguaxes de Clasificación Alfanuméricas |
6 |
|
Obrigatoria |
Xestión de Calidade nas Organizacións Documentais |
6 |
|
Obrigatoria |
Estudos de Usuarios |
6 |
|
CUARTO CURSO |
||
|
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
|
Optativa |
Natureza e Evolución das Unidades de Información |
6 |
|
Optativa |
Arquivos Municipais |
6 |
|
Optativa |
Políticas de Información |
6 |
|
Optativa |
Administración de Arquivos Históricos |
6 |
|
Optativa |
Arquivos de Empresas |
6 |
|
Optativa |
Bibliotecas Dixitais |
6 |
|
Optativa |
Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía |
6 |
|
Optativa |
Prevención e Conservación Documental |
6 |
|
Optativa |
Deseño de Recursos Informativos en Web |
6 |
|
Optativa |
Recuperación e Avaliación da Información Electrónica |
6 |
|
Obrigatoria |
Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica |
6 |
|
Optativa |
Promoción de Servizos en Unidades de Información |
6 |
|
Optativa |
Documentación en Medios de Comunicación |
6 |
|
Obrigatoria |
Prácticum (prácticas externas) |
12 |
|
Obrigatoria |
Traballo Fin de Grao |
6 |
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible