Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Grao en Podoloxía

Nivel de estudos
Ensinanzas universitarias de Grao oficiais (GRAOS oficiaiss)
Información xeral

Ofertado por: Universidade da Coruña

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde

Requisitos
  • Bacharelato e superación das PAAU
  • Titulados de Ciclos Formativos de Grao Superior
  • Titulados Técnicos Superiores de Ciclos de Artes
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 25
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 45
Perfil profesional

Ámbito: O traballo do/a graduado/a en Podoloxía céntrase na prevención, corrección de malos hábitos, malformacións, tratamentos de diversas enfermidades e problemas dos pés. Atenden todos os sectores da poboación, mais, sobre todo colectivos específicos como dependentes, deportistas, profesionais da danza, etc. A prevalencia de afeccións nos pés en diferentes sectores da poboación unida a unha crecente concienciación da sociedade en manter un óptimo estado de saúde integral, e que se inclúen os pés, levou a podoloxía a constituír unha atención sanitaria con gran demanda na actualidade e con perspectivas de aumento no futuro.

Sectores: Exércese maioritariamente como profesión libre, mais a consolidación da profesión e as demandas sociais, abriron outros campos laborais: institucións públicas e privadas de atención das persoas maiores, compañías privadas de seguros de asistencia sanitaria, institucións sanitarias públicas e privadas que incorporaron a persoa podóloga en diferentes servizos (por exemplo, unidades de pé diabético), clubs e centros deportivos, escolas e clínicas universitarias de podoloxía que incorporaron profesionais podólogos no seu organigrama docente.

Profesións para as que capacita: Para diagnóstico e tratamento das afeccións do pé, prevención e educación, ortopedia e cirurxía do pé, medicina deportiva, rehabilitación, quiropodia, docencia.

Plano de estudos

Distribución de ETCS por tipo de materia:

Tipo de materia

Formación básica

Obrigatorias

Optativas

Prácticas externas

Traballo fin de grao

Total

Créditos ECTS

66

126

6

36

6

240

Plano de Estudos

PRIMEIRO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Formación básica

Anatomía Específica do Membro Inferior

6

Formación básica

Fisioloxía Xeral

6

Formación básica

Bioloxía

6

Formación básica

Sistemas da Información e Comunicación en Ciencias da Saúde

6

Formación básica

Método Científico e Saúde Pública

6

Formación básica

Anatomía Humana Xeral

6

Formación básica

Fisioloxía de Sistemas

6

Formación básica

Microbioloxía e Parasitoloxía

6

Obrigatoria

Podoloxía Xeral

6

Obrigatoria

Técnica e Procedementos en Prevención da Infección

6

SEGUNDO CURSO

Tipo de materia

 

Créditos

Formación básica

Patoloxía Xeral

6

Formación básica

Psicoloxía

6

Obrigatoria

Ortopodoloxía I

6

Obrigatoria

Quiropodoloxía I

6

Obrigatoria

Biomecánica do Membro Inferior

6

Obrigatoria

Farmacoloxía

6

Obrigatoria

Ortopodoloxía II

6

Obrigatoria

Quiropodoloxía II

6

Obrigatoria

Patoloxía Podolóxica I

6

Obrigatoria

Radiodiagnóstico e Radioprotección

6

TERCEIRO CURSO

Tipo de materia

 

 

Obrigatoria

Ortopodoloxía III

6

Obrigatoria

Cirurxía Podolóxica I

6

Obrigatoria

Patoloxía Podolóxica II

6

Obrigatoria

Podoloxía Preventiva

6

Obrigatoria

Dermatoloxía

6

Obrigatoria

Cirurxía Podolóxica II

6

Obrigatoria

Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia

6

Obrigatoria

Podoloxía Física

6

Obrigatoria

Prácticum I

12

CUARTO CURSO

Tipo de materia

 

 

Obrigatoria

Podoloxía Deportiva

6

Obrigatoria

Pé de Risco

6

Obrigatoria

Terapéutica Farmacolóxica

6

Obrigatoria

Prácticum II

12

Obrigatoria

Bioética, Lexislación e Xestión Podolóxica

6

Obrigatoria

Prácticum III

12

Obrigatoria

Traballo Fin de Grao

6

Optativa

Reeducación Funcional das Afeccións Podolóxicas

6

Optativa

Atención ante Situacións de Urxencia

6

Optativa

Técnicas Complementarias en Podoloxía

6

Máis información
Normativa Legal
Memoria do Grao en Podoloxía

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión