Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Grao en Socioloxía

Nivel de estudos
-101
Información xeral

Ofertado por: Universidade da Coruña

Rama de coñecemento: Xurídico Social

Requisitos
  • Bacharelato e superación das PAAU
  • Titulados de Ciclos Formativos de Grao Superior
  • Titulados Técnicos Superiores de Ciclos de Artes
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 25
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 45
Perfil profesional

Ámbito: O perfil é o do/a profesional capaz de fomentar e ampliar a capacidade de explicación sobre a sociedade e contribuír ao seu desenvolvemento e á mellora da calidade de vida. É capaz de deseñar proxectos de investigación social e realizar a análise explicativa dos fenómenos sociais concretos. Está capacitado/a para manexar fontes de datos primarias e secundarias, produción e análise de datos cuantitativos e cualitativos, a interpretación de indicadores sociais e instrumentos de medición social, e para manexar programas informáticos aplicados á investigación social. Profesionais amplamente capacitados/as cunha formación rigorosa, flexible, transversal e con conexións interdisciplinares. Como profesionais non están limitados/as a unhas liñas de traballo, senón que están adaptados/as a un contexto laboral global, dinámico e cambiante.

Sectores: Administración (nun nivel local, rexional, estatal ou internacional), empresas privadas, sindicatos, organizacións empresariais, organizacións propias do terceiro sector (fundacións, ONG e entidades non lucrativas en xeral), docencia regrada e non regrada, investigación, recursos humanos e selección de persoal, axencias de enquisas, publicidade e mercadotecnia, estatística e investigación de mercados.

Profesións para as que capacita: Intervención social: en casos de conflito e desviación social, deseñar estratexias de intervención, prever as consecuencias das medidas de intervención, coñecer a problemática das minorías e grupos desfavorecidos; coñecer os feitos que conforman estas situacións desde a perspectiva económica, demográfica e cultural. Investigación social aplicada: deseñar investigación social aplicada e indicadores sociais; producir, analizar e xestionar información cuantitativa e cualitativa; deseñar e aplicar estratexias de comunicación para organizacións; deseñar, realizar e analizar estudos de opinións de grupos e segmentos do mercado (hábitos de consumo, imaxes de marca, viabilidade, etc.), sobre mercadotecnia política, comercial e social. Organización do traballo: desenvolver métodos e procesos de traballo, posuír coñecementos de intercomunicación social e técnica das organizacións, realizar diagnóstico do clima laboral e de satisfación dos membros, avaliar os postos de traballo para detectar riscos laborais, dirixir os recursos humanos e as relacións laborais, coordinar e xestionar equipos interdisciplinares, coordinar a formación continua, fomentar e xestionar a cultura de empresa e inserción social de colectivos con dificultades de acceso ao emprego, asesorar sobre adquisición e xestión dos recursos, mercados laborais, estudo dos perfís profesionais. Políticas públicas: deseñar e prever as consecuencias das políticas de emprego, seguridade social, saúde, ambientais, desenvolvemento local, culturais, educación, preventivas de exclusión social, de igualdade, etc., e o impacto social das políticas económicas. Coñecer os procedementos de xestión dos recursos públicos.

Plano de estudos

Distribución de ETCS por tipo de materia: 

Tipo de materia

Formación básica

Obrigatorias

Optativas*

Prácticas externas

Traballo fin de grao

Total

Créditos ECTS

60

120

36

12

12

240

*As materias optativas cursaranse no cuarto curso

Plano de estudos

PRIMEIRO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Formación básica

Antropoloxía Social e Cultural

6

Formación básica

Economía Política

6

Obrigatoria

Estatística Aplicada ás CCSS I

6

Formación básica

Introdución á Socioloxía

6

Obrigatoria

Teoría e Historia da Poboación

6

Formación básica

Historia Política e Social Contemporánea

6

Formación básica

Introdución á Ciencia Política e da Administración

6

Formación básica

Métodos e Técnicas de Investigación Social

6

Formación básica

Psicoloxía Social

6

Obrigatoria

Teoría Sociolóxica I

6

SEGUNDO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Obrigatoria

Estatística Aplicada ás CCSS II

6

Formación básica

Relacións Internacionais

6

Formación básica

Sistemas Políticos Comparados

6

Formación básica

Socioloxía do Xénero

6

Obrigatoria

Teoría Sociolóxica II

6

Obrigatoria

Análise Multivariante de Datos Sociais

6

Obrigatoria

Estrutura e Cambio Social

6

Obrigatoria

Socioloxía da Educación

6

Obrigatoria

Socioloxía do Traballo

6

Obrigatoria

Socioloxía Económica das Organizacións

6

TERCEIRO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Obrigatoria

Desviación e Control Social

6

Obrigatoria

Fundamentos de Análise Demográfica

6

Obrigatoria

Metodoloxía da Investigación por Enquisas

6

Obrigatoria

Socioloxía da Familia

6

Obrigatoria

Socioloxía Política

6

Obrigatoria

Política Social e Servizos Sociais

6

Obrigatoria

Socioloxía da Comunicación e da Opinión Pública

6

Obrigatoria

Socioloxía da Saúde e da Enfermidade

6

Obrigatoria

Socioloxía do Consumo e Investigación de Mercados

6

Obrigatoria

Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio

6

CUARTO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Optativa

Análise de Políticas Públicas

4.5

Optativa

Análise Sociolóxica de Textos e Discursos

4.5

Optativa

Crecemento e Desenvolvemento Económico

4.5

Optativa

Fontes de Datos Secundarios para o Estudo da Sociedade

4.5

Optativa

Historia das Ideas e Formas Políticas

4.5

Optativa

Metodoloxía da Investigación Etnográfica

4.5

Optativa

Metodoloxía, Técnica e Estratexias para o Deseño e Elaboración de Proxectos e Traballos de Investigación

4.5

Optativa

Relacións Grupais e Intervención Psicosocial

4.5

Prácticas Externas

Prácticum

12

Optativa

Acción Colectiva e Cooperación Social

4.5

Optativa

Estrutura e Cambio Social de Galicia

4.5

Optativa

Globalización, Medio Ambiente e Poboación

4.5

Optativa

A Función dos Recursos Humanos na Empresa

4.5

Optativa

Proxeccións da Poboación

4.5

Optativa

Risco, Cultura e Medio Ambiente

4.5

Optativa

Socioloxía da Cultura e Proxectos Socioculturais

4.5

Optativa

Socioloxía das Migracións

4.5

Traballo Fin de Grao

Traballo Fin de Grao

12

Máis información
Normativa Legal
Memoria do Grao en Socioloxía
Entidades relacionadas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión