Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Grao en Terapia Ocupacional

Nivel de estudos
-101
Información xeral

Ofertado por: Universidade da Coruña

Rama de coñecemento: Xurídico Social

Requisitos
  • Bacharelato e superación das PAAU
  • Titulados de Ciclos Formativos de Grao Superior
  • Títulados Técnicos Superiores de Ciclos de Artes
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 25
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 45
Perfil profesional

Ámbito: A Terapia Ocupacional é unha profesión sociosanitaria na que se axuda a potenciar ou suplir as funcións físicas ou psíquicas diminuídas ou perdidas e a orientar e estimular as ditas funcións con técnicas ocupacionais. O graduado en Terapia Ocupacional deberá ser capaz de utilizar a ocupación significativa (actividades da vida diaria, educación, traballo, xogo, lecer e participación social) cun fin terapéutico. Utilizan diversas técnicas como a expresión corporal ou a estimulación precoz para traballar na recuperación de persoas que padecesen algún tipo de trastorno mental ou físico (enfermidade mental, discapacidade física, problemas de aprendizaxe, perdas de memoria ou traumatismos, entre outras cousas). O obxectivo é que os/as doentes alcancen o maior grao de independencia posible na súa vida diaria. Como profesional estará capacitado para realizar asesoramento, prevención, avaliación, tratamento e inclusión das persoas con diversidade funcional. Grazas á súa ampla e rigorosa formación de base, poderá traballar perfectamente de xeito interdisciplinar con diferentes profesionais que varían en función das necesidades dos usuarios. 

Sectores: Sanitario (hospitais públicos e privados, centros de saúde de atención primaria e especializada, mutuas de accidentes, centros de día, residencias xerontolóxicas), social (concellos, servizos sociais, fundacións e asociacións de atención a persoas con discapacidade física, psíquica, social ou sensorial, centros de día, centros de atención á drogadicción, cárceres), educativo (centros de ensino xeral, colexios de educación especial, asociacións de pais de nenos con necesidades educativas especiais, docencia) e outros (empresas de axudas técnicas e ortopedia, asesoramento a empresas, libre exercicio, investigación e desenvolvemento).

Profesións para as que capacita: O terapeuta ocupacional está capacitado para: rehabilitación de habilidades psicomotrices a través de actividades terapéuticas, rehabilitación terapéutica mental pola ocupación, terapéutica motórica ou analítica no caso de secuelas paralíticas, terapéutica, terapéutica funcional da habilidade, adestramento e uso de prótese, estimulación e reeducación cognitiva, estimulación sensorial, orientación e reorientación laboral, adaptación do fogar e do posto de traballo ás características específicas do/a doente/a, avaliación, prevención, tratamento e reinserción da persoa enferma, incapacitada ou marxinada, asesoramento en lecer e tempo libre, docencia.

Plano de estudos

Distribución de ETCS por tipo de materia: 

Tipo de Materia

Formación básica

Obrigatorias

Optativas

Prácticas externas

Traballo fin de grao

Total

Créditos ECTS

60

102

6

60

12

240

Plan de Estudos 

PRIMEIRO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Formación básica

Estatística

6

Formación básica

Psicoloxía I

6

Formación básica

Anatomía Humana

9

Formación básica

Fisioloxía Humana

9

Formación básica

Antropoloxía Social e Cultural

6

Formación básica

Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional

6

Obrigatoria

Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional

7

Obrigatoria

Ciencias da Ocupación e Fundamentos da Terapia Ocupacional

6.5

Obrigatoria

Estadías Prácticas I

4.5

SEGUNDO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Formación básica

Idioma Moderno: Inglés

6

Formación básica

Socioloxía

6

Formación básica

Psicoloxía II

9

Obrigatoria

Proceso de Terapia Ocupacional

5

Obrigatoria

Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-Xuvenil

4.5

Obrigatoria

Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional

5

Obrigatoria

T.O.  para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia

9

Obrigatoria

T.O., Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional

4.5

Obrigatoria

Estadías Prácticas II

4.5

Obrigatoria

Tecnoloxías Informática e da Comunicación

4.5

Obrigatoria

Estadías Prácticas III

5

TERCEIRO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Obrigatoria

Afeccións Médico-Cirúrxicas no Adulto

7

Obrigatoria

Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física

4.5

Obrigatoria

T.O. para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física

7.5

Obrigatoria

Estadías Prácticas IV

6

Obrigatoria

Psiquiatría no Adulto

4.5

Obrigatoria

T.O. para a Autonomía Persoal do Adulto con Disfunción na Saúde Mental

7.5

Obrigatoria

Estadías Prácticas V

6

Obrigatoria

Xeriatría

4.5

Obrigatoria

T.O. para a Autonomía Persoal nas Persoas Maiores

6.5

Obrigatoria

Estadías Prácticas VI

6

CUARTO CURSO

Tipo de Materia

Materia

Créditos

Obrigatoria

Traballo Fin de Grao

12

Obrigatoria

Estudo de Casos en Terapia Ocupacional

4.5

Obrigatoria

Estadías Prácticas VII

22

Obrigatoria

Saúde Pública

4.5

Obrigatoria

Inclusión Sociolaboral e T.O. para a Autonomía Persoal na Comunidade

5

Obrigatoria

Estadías Prácticas VIII

6

Optativa

Educación para a Saúde: Psicoloxía da Saúde e Coidados Básicos

6

Optativa

Procesos Pedagóxicos, Dinámicas e Intervencións Grupais en T.O.

6

Optativa

T.O., Diversidade Funcional e Calidade de Vida

6

Optativa

Xerontoloxía Clínica, Social e Atención á Dependencia

6

Optativa

Técnicas Aplicadas I: Música, Terapia Asistida por Animais de Compaña, Actividade Física e Deporte Adaptado

6

Optativa

Técnicas Aplicadas II: Técnicas Ortoprotésicas Avanzadas e Domótica e Robótica

6

Máis información
Entidades relacionadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión